En marcha unha nova edición da Clásica Álvaro Pino. 26 de maio de 2024

O Alcalde Luis Piña e directivos da Asociación Deportiva Plan C,  coordinan o paso pola Cañiza desta nova edición da marcha cicloturista.

Un gran fondo que pasará por 8 concellos con dous percorridos. Un máis curto de 67km, 3 altos de montaña, e 1000 metros de desnivel e un 2º percorrido longo de 123 km, 6 altos de montaña e 2150 metros de desnivel.

O trazado desta nova edición discurre por un territorio cun alto valor paisaxístico, dominado polo curso dos ríos Miño e Tea e monumentos como o Mosteiro da Franqueira ou o Castelo de Sobroso.

A marcha, que leva o nome do ilustre exciclista ponteareán ALVARO PINO, aspira a consolidarse como unha das referencias do calendario cicloturista nacional.

O evento conta cunha páxina web www.clasicaalvaropino.com  a través da cal se poden realizar as  inscricións, coñecer máis a fondo a proba e manterse informado das novidades.