Entregamos os diplomas acreditativos do curso de «auxiliar de clínica dental», rematado o pasado venres 16 de xuño

O Alcalde Luis Piña entregou o pasado venres os diplomas aos alumn@s que participaron no curso de auxiliar de clínica dental.

Unha formación programada dentro das actividades e accións da Aula CeMit da Cañiza que se impartiu gratuitamente os martes, xoves e venres dende o 23 de maio, en horario de 16h a 20h.

Un curso de 42 horas no que se impartiron 5 módulos formativos sobre a clínica dental e as súas características, os termos odontolóxicos, tratamentos dentais, materiais de uso en clínica dental e as tarefas propias destes auxiliares.

Dende o Concello estamos programando a realización de máis cursos co fin de axudar á veciñanza a aumentar a súa formación académica e mellorar a súa empregabilidade, entre outros obxectivos.