Esta mañá entregamos os premios do 4º sorteo da campaña de activación e fidelización do noso comercio

Os portadores dos números premiados no 4º sorteo deste luns, 30 de xaneiro, recolleron os seus vales. 5 boletos de 10 €uros cada un.

Con este novo sorteo, o Concello ten entregado 4.000€uros. Un total de 80 premios dotados con 50€ que se poden utilizar nos establecementos da Cañiza adheridos a esta campaña de apoio ao comercio local. Un comercio de proximidade que, co apoio incondicional do Concello e da Asociación de Comerciantes da Cañiza quere premiar e agradecer aos clientes. 

«A CONFIANZA DE SEMPRE, AGASÁLLATE ESTE NADAL» é unha campaña que ten como obxectivo principal «reactivar o pequeno e mediano comercio de sempre, cercano e comprometido e afianzar a súa clientela ».

O Programa consiste en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio, que fagan compras por un importe de 20€, 4.500 €uros en vales de compra.

1.000€ doados pola Asociación de Comerciantes da Cañiza e 3.000 €uros aportados polo Concello.  Ademáis a esta cantidade súmanse outros 500 €uros máis das campañas de anos pasados que quedaron sen entregar ao non ser reclamados polos gañadores.

O vindeiro mércores 15 de febreiro, celebraremos o 5º e último sorteo. Nesta ocasión premiaranse 10 números, un total de 500€ que se corresponden cos premios das campañas de 2021 e 2022 que non foron recollidos.

Os vales poderanse empregar ata o día 28 de febreiro do 2023, nos establecementos adheridos.