Esta mañá fixemos entrega dos 3º premios da Campaña de Apoio ao Comercio Local «A Confianza de sempre, agasállate este Nadal»

O Alcalde entregou hoxe os 3ºpremios da campaña de activación e fidelización do comercio local que comezou o pasado Nadal en colaboración coa Asociación de Comerciantes da Cañiza.

Os portadores dos números premiados recolleron os seus vales (5 boletos de 10 €uros cada un), canxeables nos mesmos establecementos da Cañiza. 

Un total de 900,00€uros en vales de compra que se suman aos 1.800,00€ xa entregados o pasado 26 de decembro e 2 de xaneiro.

O vindeiro 31 de xaneiro celebraremos o 4º e último sorteo polo que a campaña "A Confianza de Sempre, Agasállate neste Nadal", continúa activa durante todo este mes.

Non te esquezas de solicitar o teu boleto cando fagas as túas compras. 

Noraboa a todos os premiados.

Campaña "A confianza de sempre, agasállate este Nadal 2023"