
Que amenizarán as verbenas dos días 14 e 15 de agosto na Cañiza
- O Alcalde Luis Piña, acompañado dos concelleiros Paula Bacelar, Rubén Muiños e María José Rodríguez e do representante da mercantil FESTA e CULTURA, José María Tella, presentaron as orquestras que amenizarán as festas desta 57 edición.
- Dous días de festa, o 14 e 15 de agosto, os máis caros do ano para a celebración das verbenas, que lle costarán ao Concello a cantidade de 43.560,00 €, impostos engadidos.
Rematadas as actuacións da fin de semana, o luns 14 de agosto, arrancan as verbenas ás 22.30h coas actuacións do Grupo ALKAR na rúa Antonio Facorro e da orquestra SAUDADE dende a Praza Maior.
E o 15 de agosto, día grande da Feira do Xamón, tamén a partires das 22.30h comeza na Rúa Antonio Facorro a actuación do Grupo LA NAVE e na Praza Maior da Orquestra GRAN PARADA.
Na presentación de hoxe o Alcalde tamén lembrou a programación das festas que podedes consultar neste enlace https://caniza.org/gl/actualidade/axenda-actividades/programacion-da-57-feira-do-xamon-15-de-agosto-2023, destacando a celebración do obradoiro do bocadillo xigante de xamón o domingo 13 de agosto, a cata comentada de curados e viños do luns 14 de agosto, o VIII concurso nacional de cortadores de xamón e a propia xornada gastronómica do 15 de agosto.
E despediuse invitando a asistir a esta celebración a todos os galegos e visitantes que desexen pasar unha xornada de festa diferente.
Galería multimedia



