Este 17 de maio entregamos os premios dos certames literarios “Letras Galegas 2025”

Dentro dos actos previstos polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicado “As Cantareiras”, o Alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura Rubén Muiños e da 1ª Teniente de Alcalde María José Rodríguez, fixo entrega este 17 de maio dos diplomas e premios ás catro concursantes gañadoras do XXVI Concurso de Poesía e do XXIV Concurso de Relatos.

A entrega de premios celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consistorial, ás 12 do mediodía.

Premiadas de cada modalidade:

XXVI Concurso de poesía.

  • 1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: Diana LOMBA ÁLVAREZ, co poema "UN DÍA DE NÉBOA".
  • 2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma:  Estela SENDÍN RODRÍGUEZ, co poema "LINGUA DE BRÉTEMAS E LUZ"

 XXIV Concurso de relatos.

  • 1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: Alba MARTÍNEZ FERREIRO, co relato "LUCÍA E O BOSQUE DAS MIL RIQUEZAS"
  • 2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma: Claudia TRAVIESO IGLESIAS co relato "DESPEDIDA"

 

O xurado, integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valorou os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.

Unha vez rematada a entrega de premios, un ano máis o Alcalde felicitou a todos os concursantes pola súa implicación, extensiva ás familias e agradeceu a súa participación neste proxecto cultural que este ano destacou pola sensibilidade poética e tamén pola forza narrativa das pezas presentadas.

 

O Programa Cultural das Letras Galegas continúa os sábados 24 e 31 de maio

A lectura das obras dos concursos literarios e a entrega de premios foi o acto principal destas Letras Galegas 2025, pero todavía quedan actos dentro do calendario programado para este ano.

Dentro desta programación destacamos o Concerto Coral das Letras Galegas 2025, previsto para este sábado 24 de maio, ás 20:30h no Auditorio da Casa de Cultura e no que participarán a Coral Cantares de Xinzo (Ponteareas), a Asociación Coral Alameda de Hogar del Mayor de Pontevedra e a Coral Polifónica da Cañiza.

Como peche desta programación, o sábado 31 de maio, ás 20:30h e tamén no Auditorio, teremos a oportunidade de gozar dun espectáculo de cantareiras, honrando así ás mulleres homenaxeadas neste 2025 polas Letras Galegas.  

Felisa Segade e Montse Rivera, cofundadoras do grupo LEILÍA, traen Á Cañiza o espectáculo “AXUDÁDEME A CANTAR”, unha obra que pon en valor o patrimonio inmaterial da nosa historia: O CANCIONEIRO GALEGO. Un espectáculo de canto, enfocado no porqué destas cantigas, a súa creación, os momentos en que se cantaban e o papel que xogaban no día a día das nosas antepasadas. 

Ademáis neste acto agasallaremos ao público asistente cun exemplar do libro de Marcos Calveiro “AGORA QUE VEN A NOITE”.

 

 

Entregamos os premios dos concursos literarios das Letras Galegas 2025

 

Entregamos os premios dos concursos literarios das Letras Galegas 2025

 

Entregamos os premios dos concursos literarios das Letras Galegas 2025

 

 

Entregamos os premios dos concursos literarios das Letras Galegas 2025

 

O Alcalde entrega os premios de poesía e relato dos certames literarios “LETRAS GALEGAS 2025”