O Alcalde agradeceu a acollida e participación dos cañicenses e dos visitantes nesta celebración inmemorial.
Un agradecemento extensivo tamén á Parroquia de Santa Teresa da Cañiza e ao seu Cura Párroco, Don Miguel Ángel Castro Quinteiro, pola invitación cursada a esta Alcaldía e á Corporación Municipal para asistir aos actos litúrxicos.
Luis Piña felicitou e agradeceu tamén moi especialmente á Asociación Cultural Santo Cristo da Agonía da Cañiza pola súa inestimable participación nos Actos Procesionais e á Banda de Música da Brilat Galicia VII de Pontevedra. Felicitacións tamén a todos os membros da Coral Polifónica da Cañiza que participaron na Misa Solemne.
Grazas tamén a todos os empregados do Concello e á Comisión de Festas do Santísimo Cristo da Agonía polo traballo desenvolvido nestes días festivos.
Aquí deixamos imaxes da Procesión deste 2024.