Este domingo a Igrexa Parroquial Santa Teresa da Cañiza acolleu o concerto do QUINTETO ZÉPHYROS, alumn@s da Escola Superior de Música Reina Sofía

Un recital de música clásica en vivo de primeiro nivel, interpretado por 5 alumnos da Escola Superior De Música Reina Sofía.

A actividade nace do Convenio asinado entre o Concello da Cañiza e Rede Eléctrica Española e a súa matriz Redeia e, a súa vez, forma parte do proxecto «Música Cercana».

Unha xira para achegar a música clásica a todos os públicos.

Durante o concerto, dunha hora de duración, se interpretaron pezas dos compositores franceses Jacques Ibert ( 3 Pezas breves para quinteto de vento) e Paul Taffanel (quinteto de vento en sol menor) e do cubano Paquito d'Rivera (Aires tropicais para quinteto de vento).

Marta Chelet (España), flauta; Lucas Martínez (España), oboe; Emanuel Rupa (Rumanía), clarinete; Javier Sanz (España), fagot; y Álvaro Parrón (España), trompa integran o Quinteto Zéphyros, creado no 2020 no Departamento de Música de Cámara de Ventos da Escola Superior de Música Reina Sofía, onde se forman actualmente nos seus respectivos instrumentos.

O Alcalde agradeceu á Escola Superior de Música Reina Sofía e a Rede Eléctrica Española por ter elexido A Cañiza como unha das paradas desta xira e felicitou moi especialmente aos 5 compoñentes de  Zéphyros polas excelentes interpretacións que nos brindaron este domingo. Luis Piña tamén agradeceu a Miguel Ángel Castro, cura párroco de Santa Teresa da Cañiza, por ter deixado a Igrexa Parroquial para celebrarse o recital e, por suposto, a todo o público asistente.

O recital estivo precedido por outra actuación que se desenvolveu o sábado 18 de novembro entre as 18h e 20h na Casa de Cultura, tamén enmarcada dentro do programa “Música Cercana” e que consistiu en achegarse á música clásica a través dun taller con gafas de realidade virtual para coñecer máis a fondo a Mozart, Tchaikovsky e Respighi. Unha experiencia inmersiva que tivo unha grande acollida entre os nosos veciños,  creada pola Escuela Reina Sofía para invitar aos participantes a descubrir a obra de grandes compositores dun xeito diferente.