Este luns entregamos 55 novos composteiros domésticos para a reciclaxe de residuos orgánicos no rural.

  • Nesta achega, Cristina Cabana, formadora da empresa ANCARIA, impartiu unha charla sobre qué é a compostaxe, cómo compostar, qué produtos e materiais podemos verter nos composteiros e por último como montalos de xeito eficiente.
  • Ademáis o Concello entregou unha guía de reciclaxe e montaxe para que a veciñanza non perda as pautas que se deron na charla.

Segundo comunicou esta mañá o Alcalde, “este luns entregamos no Salón de Plenos 55 novos composteiros para a reciclaxe de residuos orgánicos destinados a vivendas unifamiliares. Unha cifra que suma outras 75 unidades entregadas en decembro de 2022 e que ofrecen un censo de 130 en todo o noso rural”.

Cun coste de 11.011,00€ estes 130 composteiros e aireadores, se suman ás distintas campañas de información e edición de folletos e guías que formaron parte da campaña de compostaxe doméstica #acañizacoidadaesostible. Unha campaña cun investimento total de 16.505,61€,  subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta e a Unión Europea cos fondos NextGeneration EU con 13.497,30€  ao abeiro das axudas para financiar actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal.

Luis Piña avanzou que “estamos traballando para adquirir máis unidades de xeito que entre todos poidamos baixar as cifras de residuos do contedor verde, feito que se traducirá nunha reducción das toneladas a reciclar e tamén da factura mensual da recollida de Sogama que a día de hoxe supera os 7.500€/ mes por retirar e tratar os residuos da Cañiza. Un total de 1580 TN de lixo anual que se traducen nun coste para o Concello de 88.684,71€ en 2023”.

Con todo o Alcalde comentou que “somos un dos Concellos que menos pagan por tonelada á Sogama xa que cumprimos con todas as condicións para que a Sociedade Galega do Medio Ambiente, encargada de xestionar o noso lixo do contedor verde, nos rebaixe o prezo da tonelada de 66€/T a  56,1€/T.”.

“Esta rebaixa de 9,9€/T, débese a que realizamos campañas de reciclaxe, rebaixamos nos últimos anos a cantidade de residuo a reciclar e ademáis xa estamos preparados para a recollida do residuo marrón no casco urbano”.

Nesta liña Luis Piña tamén recordou que o Concello adquiriu en decembro de 2022 un novo camión de recollida de residuo marrón, por 49.005,00 €, cunha subvención de 30.000,00 da Consellería de Medio Ambiente da Xunta. Cofinanciado tamén pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2022 cunha axuda de 15.203,75 €uros e con fondos propios do Concello por un importe de 3.801,25€. Un camión non compactador de recollida de biorresiduos que recollerá materia marrón no núcleo urbano e que estará operativo cando abra a nova planta de tratamento biolóxico de SOGAMA en Arbo, onde se trasladarán os residuos para posteriormente tratalos e transformalos en compost ou biogás.

Para depositar esta fracción orgánica o Concello tamén adquiriu 700 unidades de cubos específicos para os domicilios do núcleo urbano que se repartirán nos vindeiros meses.

 

Este luns entregamos 55 novos composteiros domésticos para a reciclaxe de residuos orgánicos no rural.

 

Este luns entregamos 55 novos composteiros domésticos para a reciclaxe de residuos orgánicos no rural.

 

Este luns entregamos 55 novos composteiros domésticos para a reciclaxe de residuos orgánicos no rural.