Durante 40 minutos, o pasado 18 de xullo @s alumn@s de taekwondo do ximnasio municipal exhibiron todo o aprendido neste curso, da man do seu adestrador, Fidel Rodríguez: técnicas de concentración, «poomse», saltos, acrobacias, rompementos e técnicas de risco.
Na parte final o Alcalde entregou @s nen@s un pequeno agasallo como premio polo esforzo e constancia amosados durante o curso e agradeceu ao adestrador e ás familias polo traballo feito e a implicación con esta disciplina deportiva.
Un ano máis, noraboa a todos!
A Escola Municipal de Taekwondo
A Escola Municipal de Taekwondo, está en activo dende o ano 2011 e ten na actualidade 35 alumnos e alumnas de distintas idades ( de 5 a 55 anos).
Ten a súa sede social no Ximnasio Municipal e nesta tempada 2023-2024 impartíronse 5 clases á semana para pequenos, mozos e maiores, baixo a responsabilidade e dirección do profesor e entrenador nacional de Taekwondo Fidel Rodríguez.
Dende o Concello animamos a toda a veciñanza a coñecer a Escola. Podedes consultar o funcionamento das clases así como os horarios e prezos da nova tempada que comezará en setembro, nas oficinas do ximnasio municipal.
Galería multimedia