Hoxe, 1 de decembro, celebramos unha xornada informativa sobre a «campaña de COMPOSTAXE» a desenvolver no Concello da Cañiza

Ás 20:30h no salón de plenos do Concello da Cañiza.

Celebraremos unha xornada informativa sobre a campaña de compostaxe, destinada aos veciñ@s interesad@s para que se poidan informar sobre a iniciativa.

A campaña está organizada  polo noso Concello en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. 

Está financiada pola Unión Europea, a través dos fondos -NextGenerationEU-

E destinada a un total de 130 vivendas do termo municipal.

#acañizacoidadaesostible