Hoxe comeza o plazo para participar no proceso de selección da Brigada Forestal de Incendios 2023
NO BOPPO ( Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra), nº 117, de data luns, 19 de xuño de 2023, publicouse o Anuncio de persoal e oposicións das BASES PARA A CONTRATACIÓN DA BRIGADA FORESTAL 2023.
O prazo de inscrición comeza hoxe, 20 de xuño e remata o vindeiro luns, 26 de xuño ( aberto durante 5 días HÁBILES, dende o día seguinte á publicación no BOPPO).
As bases e documentación relacionada con este procedemento poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello da Cañiza e na Sede Electrónica Municipal, con acceso a través da dirección electrónica: http://caniza.sedelectronica.es/board.
BRIGADA FORESTAL.
Os brigadistas desenvolverán fundamentalmente labores de prevención, executarán rozas, rareo e eliminarán restos en vías e camiños forestais, áreas cortalumes, faixas de xestión da biomasa do Concello ou en superficies sobre as cales o Concello ten cesión de aproveitamento, uso ou desfrute dacordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Ademáis, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, a Xunta de Galicia poderá decidir a mobilización destes medios fóra do noso termo municipal, conforme ao previsto no PLADIGA, Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.