Hoxe entregamos os premios do 5º e último sorteo da campaña de activación e fidelización do comercio local "A CONFIANZA DE SEMPRE, AGASÁLLATE ESTE NADAL 2022/2023”
Esta mañá fixemos entrega dos quintos e últimos premios desta campaña que comezou o pasado decembro e que repartiu un total de 4.500 €uros en vales de compra.
90 números premiados e subvencionados cunha aportación de 3000 €uros do Concello, 1000€uros da Asociación de Comerciantes da Cañiza e 500€uros procedentes de 10 premios das campañas dos anos 2000 e 2001 que non foron recollidos.
Dende a Alcaldía lémbrase que todavía faltan por recoller varios premios desta anualidade, que estarán depositados nas oficinas xerais do Concello durante 3 meses. Para recollelos deberá acreditarse estar en posesión do número e do ticket de compra correspondente.
Unha vez máis, noraboa a todos os premiados.