
Acompañados do pintor Diego de Giráldez e do deseñador Cristóbal Vidal.
Unha mostra formada por 43 obras creadas por Estrella Alonso, Maite Moreira, Leo Martínez, Loly Ludeña, Rocío Domínguez, Estrella Vázquez, Julia Guerra, Félix Domínguez, Rosa Mary Sánchez, Benigno Dacuña, Clara Parada, Nieves Pereira e José Antonio Pereira.
Todos eles alumn@s da Aula de Pintura da Mestra Eva Domínguez que abriu a exposición cunha cita especial «Dedicar el tiempo a pintar es una puerta abierta para descubrir lo que nos da una sensación de paz»
Na inauguración desta mañá, o Alcalde quixo felicitar a todos, profesorado e alumnado, polo traballo desenvolvido durante este novo curso e animounos a continuar disfrutando da pintura.
Un ano máis, Luis Piña agradeceu a deferencia de todos os membros deste Aula de Pintura, de contar co Concello para expor as súas obras nas instalacións municipais.
A exposición permanecerá aberta ao público dende hoxe ata o 11 de agosto, de luns a venres, no 1º e 2º andar e antesala do Salón de Plenos da Casa Consistorial, en horario de 8h a 15h.



