HUMANIZACIÓN DA RUA ANTONIO FACORRO

O Alcalde anuncia a adxudicación do contrato de servizo para redactar o proxecto constructivo de humanización da rúa dende a rotonda da EP5003 que ven de Arbo ata o cruce coa N-120, por un importe de 44.588,50 €uros.

A mercantil Galaicontrol, S.L. será a encargada de redactar este proxecto

 

Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña, “o proxecto todavía non está definido. Para redactalo contarase coas manifestacións da veciñanza e en particular coas opinións dos veciños desta rúa”.

“Convocaremos  varias reunións para explicar os obxectivos da rede Agora, para escoitar as opinións de todos e para interactuar ata conseguir perfilar o mellor proxecto de humanización posible para a rúa Antonio Facorro”.

 

O CONCELLO CONTA CUNHA AXUDA DE 50.000€ DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA PARA REDACTAR ESTE PROXECTO ENMARCADA DENTRO DA REDE AGORA DE CONCELLOS POLO ESPAZO PUBLICO.

Unha vez definidas as liñas de actuación e contando xa coa financiación para redactar o proxecto, o Concello traballará para acadar a financiación que permita acometer esta obra de humanización que ten por obxectivo conseguir unha mobilidade  máis amable e a recuperación deste espazo público municipal.

 

QUÉ É A REDE AGORA POLO ESPAZO PÚBLICO

Ágora é una rede de acción institucional a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía.

Os concellos adheridos á rede (A Cañiza adheriuse o pasado 26 de outubro de 2020),  estamos comprometidos a realizar políticas de recuperación dos espazos públicos e a fomentar as mobilidades alternativas no término municipal.

Ágora está promovido e coordenado pola Deputación de Pontevedra e a súa finalidade é incentivar aos Concellos da provincia a adoptar decisións a prol da recuperación do espazo público para persoas e a utilización das mobilidades naturais, alternativas ás de motor.