Incendio ocasionado no sistema eléctrico da caseta nº 8 da Rede Municipal de Augas
O incendio produciuse na tarde do pasado venres 18 de marzo, nunha parcela situada a escasos metros do campo de fútbol de Augas Férreas.
O Concello xa está traballando na reparación dos danos.
Segundo comunicou esta mañá o Alcalde Luis Piña, o pasado venres 18 de marzo, pola tarde, declarouse un incendio nunha pequena parcela do monte que sube ao Pedroso, situada a escasos metros do Campo de Fútbol de Augas Férreas.
Os feitos ocurriron exactamente nas inmediacións da caseta nº 8, unha pequena instalación que forma parte da infraestrutura da traída Municipal de Augas. Nesta caseta conflúen varios mananciais de aporte de auga para a rede de abastecemento do casco urbano. Neste incendio quedou totalmente calcinada a acometida eléctrica que subministra corriente aos pozos da mesma.
Grazas a que estamos nunha estación en que non existe problemas de captación de augas, en ningún momento se viu comprometido o subministro aos depósitos de cabeceira que abastecen ao casco urbano.
Nestes momentos o Concello está traballando para reparar o dano, cambiando toda a instalación e o cuadro eléctrico.
Aínda que non se teñen probas de que o incendio fora provocado, o Concello presentou onte unha denuncia ante o Cuartel da Garda Civil da Cañiza, por si poidera existir algunha conexión coas dúas denuncias anteriores de intento de sabotaxe ao servizo municipal de abastecemento de augas. A primeira presentada o 10 de setembro de 2020 e a segunda o 7 de outubro de 2021.
Con todo o Alcalde volveu a recordar esta mañá que o dano ás conduccións de aguas, a distracción do curso das mesmas e ao desabastecemento deste Ben como produto de primeira necesidade, está tipificado no código penal xa que pode por en risco o subministro de auga potable ás vivendas.