Inscríbete no programa "SON EMPRENDEDOR GALICIA" que te axudará na procura de emprego ademáis de completar o teu expediente académico e laboral
Despois da sesión informativa que se celebrou o pasado 08 de marzo na Casa da Cultura, na que se explicou o obxectivo do programa “Son emprendendor Galicia” e se avanzaron os contidos do mesmo, puidemos constatar que REALIZAR ESTA FORMACIÓN pode ser unha boa oportunidade para os moz@s beneficiarios de Garantía Xuvenil, tanto si están en busca de emprego como si queren emprender. Xa que se traballarán as competencias brandas nas sesiones grupais , que cada vez son máis demandadas no mercado laboral, e as necesidades individuais para a inserción laboral, nas titorías/mentoring.
Para que o programa se desenvolva na Cañiza, necesitamos ter un grupo de persoas interesadas.
Está previsto empezar a partires do mes de abril.
¡Non deixes pasar a oportunidade!. ¡Inscríbete e comparte!.
Máis información no Servizo de Orientación Laboral Concello A Cañiza, 886 216 724 e/ou orientacion@caniza.org.
A formación enmárcase dentro do Programa “Soy emprended@r”, un programa gratuíto, promovido por RED ARAÑA no marco da Convocatoria do Programa "Itinerarios de Emprendimiento Juvenil de Galicia", cofinanciado polo Fondo Social Europeo e xestionado pola Fundación INCYDE.
Requisitos:
• O programa está dirixido a persoas rexistradas en Garantía Xuvenil (menores de 30 anos, desempregadas)
En que che vai a axudar?
• A maioría das persoas pensan que a procura activa de emprego é responder a ofertas de emprego que se publican, pero só o 10% do emprego que existe publícase polo que estamos a deixar de optar ao restante 90%. Cómo atopar ese emprego que non se publica?. Cómo conseguir contactar cos meus futuros contratadores?. Son algunhas das respostas que obterás nesta formación.
• Se estás pensando en emprender tamén che axudaremos, ensinándoche a validar a túa idea antes de arriscar diñeiro nela. Cánto teño que vender para ser rendible? Cómo consigo o meu primeiro cliente? Qué forma xurídica escollo ?...
Contidos:
• Mellora das túas oportunidades laborais a través do desenvolvemento da competencia emprendedora: iniciativa, proactividad, coñecemento empresarial.
• A Metodoloxía de base é Desing Thinking, a partir das súas ferramentas traballarase en autocoñecemento, autogestión , puntos fortes e débiles, quen son as empresas que buscan o meu perfil, plans de empresa, estratexia de márketing.
• Así as persoas participantes traballarán coma se a súa carreira profesional fose o seu proxecto de emprendemento , conseguindo unha estratexia máis proactiva á hora de desenvolver o seu camiño profesional.
Duración:
• 50 horas de formación presencial grupal
• 10 horas de titorías individuais
• 20 horas de mentorías individuais nas que cada persoa escollerá traballo por conta propia ou allea.
Terás unha persoa a túa disposición para axudarche a conseguir paso a paso os teus obxectivos profesionais.
Horarios:
• De luns a venres, en horario de mañá a formación presencial.
• De luns a venres en calquera momento as titorías individuais.
Lugar:
• O programa se levará a cabo cando se consiga facer un grupo mínimo de 15 persoas, por iso necesitamos coñecer o teu interese en participar e cal é o teu Concello de residencia habitual
Formador:
Dani Diéguez:

Información extra:
• Programa executado por REDE ARAÑA, financiado por Fundación INCYDE co Fondo Social Europeo
• Totalmente gratuíto para as persoas participantes
• A localización depende de conseguir facer un grupo mínimo de 15 persoas
Non perdas esta oportunidade de ter a unha persoa para ti que che axude no teu caso concreto.