No Pleno desta mañá aprobamos definitivamente o proxecto de expropiación dos terreos da cidade castrexa das Grades

Tamén aprobamos un convenio coa Comunidade de Montes de Luneda para a cesión dun terreo que permitirá a instalación dunha antena de telefonía móvil de cara a mellorar a cobertura na parroquia

O Pleno do Concello celebrou esta mañá unha sesión extraordinaria para adoptar un acordo sobre estes dous expedientes. A aprobación definitiva do Proxecto de  Expropiación dos terreos da Citania cos votos a favor do equipo de Goberno, acordando o PP o voto en contra e o acordo de colaboración coa CMVMC de Luneda que foi aprobado por unanimidade de toda a Corporación.

 

RECUPERACIÓN DA «CITANIA CASTREXA DAS GRADES»

Despois de terse aprobado inicialmente este proxecto polo Pleno o pasado 20 de decembro e transcurrido o período de exposición pública e alegacións, no Pleno desta mañá aprobouse definitivamente, desestimándose as reclamacións presentadas, en base ao exposto nos informes técnicos. Resolucións que serán notificadas aos interesados nos vindeiros días.

Con esta aprobación definitiva se declara e queda demostrada a utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos afectados.

O expediente continúa co depósito das cantidades acordadas na Conta de Expropiacións. Unha operación que ten un coste para o Concello de 158.365,92 €, cantidade xa dispoñible grazas á sinatura dun préstamo. Finalmente procederase á recepción e sinatura da Acta de Ocupación dos terreos que permitirá a recuperación de 113.446,00m2 de xacemento arqueolóxico. Un total de 43 parcelas, a maioría calificada como terreo forestal.

A partires deste momento, o Concello poderá iniciar os traballos de recuperación deste grande asentamento fortificado castrexo que suporá para A Cañiza sacar á luz un importante e senlleiro patrimonio cultural, rexenerar ambientalmente a contorna e engadir un novo activo á oferta turística do Concello e mesmo da Comarca, con capacidade para atraer visitantes e turistas e reactivar a economía local.

 

CONVENIO COA COMUNIDADE DE MONTES DE LUNEDA PARA A CESIÓN DUN TERREO

Na Sesión de hoxe tamén se aprobou por unanimidade o texto do convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Luneda para a cesión de uso de 81 m2 de terreo, así como os permisos de acceso aos mesmos, no lugar denominado “Monte do Vieiro” co fin de albergar as insfraestruturas e equipamento necesario para mellorar a cobertura das comunicacións móviles na parroquia de Luneda.

Esta colaboración se inicia o pasado 17 de novembro de 2022, data na que a Alcaldía pon en coñecemento da Comunidade de Montes a posibilidade de mellorar as comunicacións móviles na parroquia.  

Esta posibilidade de mellora parte inicialmente da adhesión do Concello ao Convenio de colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia.

O Concello adheriuse a este Convenio en 2020, ao existir no noso municipio numerosas zonas sen cobertura móbil. 

Para que AMTEGA e FEGAMP poidan executar estas obras, o Concello debe cumprir unha serie de condicións. A máis importante é a “dispoñibilidade das parcelas adecuadas para a execución”. Condición que queda resolta coa cesión dos 81m2 de terreo por parte da Comunidade de Montes de Luneda.