Tristemente o noso Pobo recibe outro duro golpe. Despois dos fatais accidentes de onte, nos que faleceron dous dos nosos queridos veciños, agora temos que lamentar tamén a aparición do corpo sen vida do noso veciño Manuel Álvarez Casal, desparecido o pasado 31 de xaneiro.
Novamente dende a Alcaldía, en nome da Corporación, de todos os veciños e no meu propio, queremos, máis ca nunca, expresar e enviar á familia de Manuel e aos seus achegados, o noso máis sentido pésame e a nosa tristeza. Queremos transmitirlle que teñen no Concello un apoio e que están no pensamento de toda A Cañiza.
Nestes momentos de luto e pesar para o noso pobo, queremos agradecer o traballo impagable de toda a veciñanza que colaborou voluntariamente, sen folgos, para atopar a Manuel nestes 17 días. Un agradecemento extensible a todos os equipos da Garda Civil que traballaron incansablemente con todos os seus medios e a Protección Civil polo seu traballo. A todos Grazas.
Luis Piña, Alcalde da Cañiza