Números premiados no sorteo extraordinario da campaña « A confianza de sempre, agasállate neste Nadal 2024_2025»

Con este último sorteo, celebrado o luns 17 de febreiro, quedan repartidos 4.400,00 €uros e remata a campaña iniciada o pasado 3 de decembro de 2024.

Un total de 88 números premiados con 50 €uros en vales de compras para volver a gastar nos establecementos da Cañiza adheridos a esta campaña de impulso do comercio local.

O sorteo extraordinario celebrado esta mañá, coa presenza da Directiva da Asociación de Comerciantes da Cañiza, realizouse para volver a sortear 8 números, correspondentes aos premios que non foron recollidos polos depositarios na campaña de 2023.

Os gañadores deste novo sorteo serán convocados para recoller os premios o xoves, 20 de febreiro, ás 9.45h, no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Noraboa a todos os premiados!.

Grazas tamén á Asociación de Comerciantes da Cañiza pola implicación e colaboración prestada nesta campaña e grazas a toda a veciñanza por ter participado na mesma.