O Alcalde acompaña ao actor galego “Morris” e ao pintor e escultor cañicense Diego De Giráldez na súa visita á vila

O recoñecido actor galego Antonio Durán «Morris» visitou recentemente A Cañiza a invitación do pintor e escultor de renome internacional e Fillo Predilecto da vila, Diego de Giráldez. Durante a súa estancia, o Alcalde Luis Piña, xunto coa Teniente de Alcalde María José Rodríguez, fixeron de anfitrións e acompañaron aos invitados neste encontro.

Despois da súa visita á Casa Consistorial e ao Salón Noble de Sesións Plenarias, desprazáronse ata o Parque Central, onde se celebraba o evento A Pachanga na Rúa, organizado pola Comisión de Festas de Oroso. Este evento, que tivo lugar entre o 4 e o 6 de xullo, forma parte do programa "Verán de Lecer" A Cañiza 2025.

No parque Heriberto Fuertes, posaron diante dunha das esculturas de Diego de Giráldez, concretamente a peza titulada «La humanidad y el trabajo». Esta escultura, feita en bronce, simboliza o legado que a humanidade deixa a través do traballo, con especial énfase na man como ferramenta esencial. A frase "A mente pensa, e a man executa" resume perfectamente a súa mensaxe. Ademais, destaca polo detallado traballo na morfoloxía anatómica, un campo no que Diego de Giráldez é considerado un dos grandes mestres.

O Alcalde subliñou que esta visita foi un encontro cultural moi significativo, que reforza o apoio ás actividades artísticas e festivas da vila.

O Alcalde Luis Piña acompaña ao actor galego “Morris” e ao pintor e escultor cañicense Diego De Giráldez na súa visita á vila O recoñecido actor galego Antonio Durán «Morris» visitou recentemente A Cañiza a invitación do pintor e escultor de renome internacional e Fillo Predilecto da Cañiza, Diego de Giráldez. Durante a súa estancia, o Alcalde fixo de anfitrión e xunto coa Teniente de Alcalde María José Rodríguez, acompañou ao grupo na visita. Despois de visitar a Casa Consistorial e o Salón Noble de Sesión