O Alcalde acompañou este luns 17 de outubro @s alumn@s de 6º de primaria do CPI no programa de radio «Emociónate Especial CPI da Cañiza” emitido dende o centro escolar para conmemorar o 90 aniversario da chegada da radio a Galicia

Unha iniciativa lanzada pola Asociación «Ondiñas de Radio» que contou coa colaboración da emisora SI RADIO

 

Con motivo do 90 Aniversario da chegada da radio a Galicia  (o 15 de xaneiro do ano 1933 nace en Santiago a primeira emisora Radio Galicia) SI RADIO quixo celebrar este acontecemento coa emisión dun programa especial, nesta ocasión na Cañiza,  da man da xornalista Amparo e do profe responsable da radio escolar do CPI da Cañiza, acompañados d@s alumn@s máis maiores do Centro de Primaria. Un completo programa de radio no que non puideron faltar as  voces dos fogares, relatando as súas lembranzas sobre a radio.

No programa tamén participou o Alcalde da Cañiza, Luis Piña, quen informou sobre toda a actualidade do Concello e respondeu ás preguntas lanzadas por estes “pequenos locutores”.