O Alcalde agradece ao Clube Balonmán Cañiza a doazón de alimentos para o Almacén Solidario Municipal
O pasado 17 de decembro, á iniciativa do Clube de Balonmán Cañiza, realizouse unha recollida de alimentos non perecedeiros durante o partido entre o Cañiza e o Bueu.
Esta iniciativa solidaria destinouse ao Almacen Solidario de Alimentos Municipal.
Unha vez máis, dende a Alcaldía agradécese, en nome dos cañicenses, ao Clube Balonmán Cañiza pola iniciativa e aos siareiros e siareiras do balonmán pola súa xenerosa contribución ao Banco de Alimentos do noso Concello.