O Alcalde asiste á presentación do dispositivo especial para a campaña de vialidade invernal 2022/2023 da Rede de Estradas do Estado, activa ata o vindeiro mes de abril.

  • Unha campaña activada o pasado 1 de novembro e presentada onte nas instalacións do Tunel de O Folgoso, nun acto presidido polo Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, acompañado da Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, do Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Angel González e o Alcalde da Cañiza, Luis Piña.
  • Ademáis da presentación deste novo dispositivo, se supervisaron os medios ubicados no Centro de Control de Túneles de Folgoso,  destinados para esta campaña, neste tramo da Rede de Estradas do Estado.

 

O delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, apelou onte á prudencia dos galegos e das galegas no inicio da campaña de vialidade invernal nas estradas, que se prolongará ata o próximo mes de abril, insistindo en que “veñen meses complicados  nos que temos que prestar atención ás condicións dos vehículos e adaptar a condución á situación das estradas e do clima”.

O dispositivo especial para a campaña de vialidade invernal activouse o 1 de novembro e manterase operativo ata o 30 de abril de 2023. Os medios están dispoñibles en distintos centros de conservación situados en puntos estratéxicos da rede de Estradas do Estado en Galicia, e con eles, búscase manter un adecuado nivel de servizo das estradas da Rede de Estradas do Estado e Autoestradas de Peaxe, dando maior seguridade aos usuarios e proporcionando a condución máis cómoda e fluída diante de posibles condicións meteorolóxicas adversas.

As operacións de vialidade comprenden, por iso, actuacións preventivas e tamén curativas do firme en situacións de baixas temperaturas ou outros fenómenos.

 

Sector de Conservación da Cañiza

No acto de apertura comprobáronse os medios dispoñibles no centro de Conservación e Explotación situado xunto ao Centro de Control de Túneles de Folgoso. Desde este centro aténdense puntos tan sensibles como son o Alto da Cañiza (600 m) na A-52 e alto de Fontefría (790 m) na N-120.

Nestas instalacións atópanse xa dispoñibles catro camións quitaneves, dous deles específicos para o estendido de salmoira; 500 toneladas de sal en almacén e outros tres silos, distribuídos ao longo do percorrido da A-52 neste porto de montaña. Deles, dous contan con capacidade de 100 toneladas e o terceiro, de 60 toneladas. O centro conta ademais cunha planta de salmoira con depósito que pode acoller ata 62.000 litros.

O centro da Cañiza pertence ao Sector de Conservación Sur da provincia de Pontevedra, con base en Mos.

Este Sector ten adscritos 81 km de estradas convencionais (N-120, N-550, N-551, N-552, N-555 e N-559) e 84 km de autovías (A-52, A-55 e VG-20).

Arquivo de audio

 

Arquivo de vídeo

 

Arquivo de vídeo