O Alcalde e a Directiva do Comercio da Cañiza presentan un ano máis a campaña de apoio ao comercio local «A CONFIANZA DE SEMPRE, AGASÁLLATE ESTE NADAL»

  • Un programa que ten como obxectivo principal reactivar o consumo local e afianzar a clientela do pequeno comercio da Cañiza.
  • Consiste en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio, que fagan compras por un importe de 20€, 4.000 €uros en vales de compra.
  •  O Alcalde agradeceu esta tarde a colaboración da Asociación de Comerciantes da Cañiza que colabora co Concello subvencionando a campaña con 1.000 euros.

 

Un ano máis o Alcalde Luis Piña e a Asociación de Comerciantes da Cañiza presentan a campaña de impulso e fidelización do comercio local coñecida como «A Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal». Unha campaña que ten como obxectivo principal  dinamizar e incentivar «o pequeno e mediano comercio de sempre, cercano e comprometido».

O Programa consiste en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio, que fagan compras por un importe de 20€, 4.000 €uros en vales de compra. 1.000€ doados pola Asociación de Comerciantes da Cañiza e 3.000 €uros aportados polo Concello.  Ademáis a esta cantidade súmanse outros 500 €uros máis da campaña do ano pasado que quedaron sen entregar ao non ser reclamados polos gañadores.

A campaña desenvolverase durante os meses de decembro de 2022 e xaneiro de 2023. Os sorteos realizaranse os días 15 e 30 de decembro de 2022, 16 e 31 de xaneiro e 15 de febreiro de 2023,   distribuíndo, en cada sorteo, 20 premios de 50 euros en vales de 10 euros, agás o último sorteo de febreiro no que se premiarán 10 números con 50 €uros cada un.

Os vales poderanse empregar ata o día 28 de febreiro do 2023, nos establecementos adheridos.

O premiado deberá gastar na compra como mínimo o total do vale (10 euros). Queda prohibida a devolución monetaria do mesmo.

Poderás consultar as Bases da campaña na web municipal: www.caniza.org

Así que si te animas e compras na Cañiza este Nadal, non te esquezas de solicitar os teus boletos !!!

 

Cartel da Campaña de Nadal de apoio ao comercio Local 2022

 

 

BASES REGULADORAS DA CAMPAÑA

“A confianza de sempre, agasállate este Nadal”

1.- OBXECTO: É obxecto das presentes bases regular as condicións nas que se vai a desenvolver a campaña “A confianza de sempre, agasállate este Nadal”

Dita campaña consistirá nun sorteo entre os clientes dos comercios do municipio de vales de compra para empregar nos establecementos adheridos á presente campaña.

2. DURACIÓN: A presente campaña desenvolverase durante os meses de Decembro do 2022 e Xaneiro do 2023.

3. BENEFICIARIOS: Poderán adherirse a esta campaña, todos os establecementos comerciais do Concello de A Cañiza, que así o soliciten expresamente.

3.1 Os comerciantes interesados deberán formalizar a súa adhesión, debendo asinar unha solicitude de participación, así como, o compromiso de aceptar os vales de desconto obxecto de sorteo.

Os comerciantes poderán pedir en calquera momento que o necesiten máis talonarios de rifas.

3.2 As rifas terán carácter gratuíto para os clientes e serán entregadas aos mesmos por cada comerciante por compras superiores a vinte euros (20 €), podendo sumar tíckets de compras do mesmo establecemento ata acadar os 20 euros, por cada 20 euros de compra unha rifa ata un máximo de 5 rifas por cada tícket de compra.

4. CONTÍA DOS PREMIOS: A cantidade total a repartir durante a campaña será de 4.000 (catro mil euros), dos cales, 1.000 euros son doados pola Asociación de Comerciantes da Cañiza, e os 3.000 euros restantes, condicionados á existencia de crédito orzamentario no vindeiro exercicio 2023. Os sorteos realizaranse os días 15 e 30 de decembro do 2022 e 16 e 31 de xaneiro do 2023, distribuíndo, en cada sorteo, 20 premios de 50 euros en vales de 10 euros.

5.- FUNCIONAMENTO DOS SORTEOS:

5.1 O día antes de cada sorteo, ata as 15h, os comerciantes deberán entregar nas oficinas xerais do Concello as matrices correspondentes ás rifas distribuídas ata ese momento, que serán as que se empreguen para a realización de cada sorteo público.

AS MATRICES ENTREGADAS POSTERIORMENTE ENTRARÁN NO SEGUINTE SORTEO, EXCEPTO NO ÚLTIMO QUE QUEDARÁN ANULADAS.

Os números premiados poderanse consultar, dende o día seguinte, na páxina web www.caniza.org .

 5.2. As persoas que resulten premiadas, recollerán nas oficinas municipais os correspondentes vales de compra, debendo presentar o resgardo co número premiado, xunto cos xustificantes da compra realizada unido ao mesmo.

 5.3. Os vales poderanse empregar ata o día 28 de febreiro do 2023, nos establecementos adheridos.

 O premiado deberá gastar na compra como mínimo o total do vale (10 euros), o vale non poderá ter devolución monetaria.

6. XUSTIFICACIÓN.  En calquera momento durante a vixencia da presente campaña despois de efectuado o primeiro sorteo e ata un mes despois do prazo máximo para a utilización dos vales premiados, os empresarios adheridos achegarán ao Concello as correspondentes facturas xunto aos vales premiados que foran trocados no seu establecemento, e debendo facer constar expresamente nas facturas o concepto “CAMPAÑA CONFIANZA DE SEMPRE, AGASÁLLATE ESTE NADAL”, así como expresión do detalle do número total de vales trocados.

Os empresarios que nunca tiveran facturado ao Concello deberán achegar así mesmo unha copia do seu CIF e o Certificado da Conta Bancaria no que o Concello faralle o ingreso.

 7. OBRIGA DE INFORMACIÓN. Os establecementos adheridos como beneficiarios das achegas, deberán subministrar ao Concello cando sexan requiridos para elo, a información que fora precisa aos efectos de facer as comprobacións que se estimen oportunas.