O Alcalde e o Club Balonmán Cañiza presentan a viaxe do Sénior Feminino a Madrid este 24 de xaneiro

O Alcalde Luis Piña, xunto co presidente do Club Balonmán Cañiza, Marcos Estévez, e o adestrador Ismael Lago, presentaron oficialmente a viaxe que realizará este sábado o equipo Sénior Feminino a Leganés (Madrid). Equipo cañicense que compite na División de Honor Prata Feminina. O conxunto desprazarase acompañado pola súa afección para disputar o encontro fronte ao Healthy Poke BM Leganés, correspondente á 14ª xornada da liga regular, xusto na metade da tempada.

Trátase dun compromiso de especial relevancia deportiva, xa que o equipo busca manterse na cabeza da táboa clasificatoria. Neste contexto, o apoio da afección será fundamental para animar ás xogadoras e reforzar o traballo realizado ata o de agora.

No acto tamén estiveron presentes María Machuca, porteira do equipo, xunto coas xogadoras Enma Giráldez e Lucía Afonso. Este desprazamento supón unha importante experiencia deportiva e social para toda a familia do Balonmán Cañiza, fortalecendo os vínculos entre club, institucións e afeccionados.

O Alcalde reiterou o firme compromiso do Concello co deporte local, destacando nesta ocasión a consecución de preto de 1.500,00 € en achegas 100% de empresas privadas da Cañiza, que permitirán asumir unha parte importante do custo do transporte. 

Durante a presentación, a directiva do club salientou que o esforzo realizado polo Balonmán Cañiza, coa axuda do Concello, permitirá que a afección poida acompañar e apoiar ás súas xogadoras nun encontro de gran importancia deportiva. Aproveitou tamén a ocasión para agradecer a excelente resposta dos veciños e veciñas da Cañiza, que completaron a totalidade das prazas dispoñibles pouco tempo despois de anunciarse a viaxe.

Así mesmo, o Alcalde quixo agradecer publicamente a colaboración das empresas que asumiron parte dos custos de transporte, entre as que se atopan SAEPLAST, Galimetal, Transportes González, Specialty Marine Products And Ventures, Reciclados Plásticos A Cañiza, Queixos “Castro Xaneiro”, Área de Servicio Cañiza e Os do Resero, destacando o seu compromiso co deporte local e co apoio ás iniciativas sociais e deportivas do municipio.

Tanto o Alcalde como os representantes do Club Balonmán Cañiza puxeron en valor a importancia da colaboración entre as administracións públicas, as entidades deportivas e o tecido empresarial para seguir impulsando o deporte base e de alto nivel na Cañiza.

 

O Alcalde da Cañiza e o Club Balonmán Cañiza presentan a viaxe do Sénior Feminino a Madrid este 24 de xaneiro  O Alcalde Luis Piña, xunto co Presidente do CBC, Marcos Estévez, e o adestrador Ismael Lago, presentaron oficialmente a viaxe que realizará mañá sábado o equipo Sénior Feminino do CBC, que compite na División de Honor Prata Feminina, a Leganés (Madrid), acompañadas pola súa afección, para disputar o encontro fronte ao Healthy Poke BM Leganés, correspondente á 14ª xornada da liga regular, nun compro