O Alcalde entrega os diplomas acreditativos do curso de «alfabetización dixital», finalizado este 8 de abril
Un curso gratuíto de 18 h de duración incluído nas actividades formativas que organiza o Concello da Cañiza dentro da súa programación anual da aula CEMIT
O Alcalde Luís Piña entregou os diplomas aos participantes neste curso gratuíto de alfabetización dixital deseñado para introducir aos alumnos no uso de ferramentas de comunicación en liña.
Coñecer os diferentes dispositivos de telecomunicación: pc, tablet e Smartphone. Os compoñentes hardware básicos así como os diferentes sistemas operativos actuais. Tamén aprender a navegar pola rede e o uso de navegadores e buscadores e como acceder aos sitios webs básicos tanto Informativos (novas, redes sociais, Wikipedia) como de xestión ( Sergas, Xunta de Galicia, Concello etc).
O curso tamén estivo enfocado en aprender a realizar xestións en liña, localizar e descargar información e identificar arquivos de diferentes formatos e saber como usalos.
Ademais impartíronse nocións básicas de comunicacións ( uso do correo electrónico, uso de programas de videochamadas como Zoom), como compartir e almacenar documentos a través da nube: Google Drive, One Drive e Dropbox, nocións básicas de seguridade informática, como protexer o equipo informático e os distintos tipos de ataques informáticos que pode sufrir un equipo así como identificar o Phising (as estafas que teñen como obxectivo obter a través de internet datos privados dos usuarios, especialmente para acceder ás contas ou datos bancarios.)