Dentro dos actos previstos polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura Rubén Muiños, fixo entrega este 17 de maio dos diplomas e premios aos catro concursantes gañadores do XXIV Concurso de Poesía e do XXII Concurso de Relatos ou Narraccións Breves, convocados polo Concello da Cañiza.
A entrega de premios celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Premiados de cada modalidade:
XXIV Concurso de poesía.
1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: ÉRIC LORENZO FERNÁNDEZ co poema " A PINGA"
2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma: ÁLVARO MACHADO PUGA co poema "¿QUÉ É A POESÍA?"
XXII Concurso de relatos.
1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: DANIELA LOPES GONZÁLEZ co relato " O LOBISOME GALEGO "
2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma: IRIA FERNÁNDEZ GIRÁLDEZ co relato " REALIDADE "
O xurado, integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valorou os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.
Unha vez rematada a entrega de premios, o Alcalde quixo felicitar a todos os concursantes pola súa implicación e por ter contribuido a elevar cada ano o nivel literario destes certames. Luis Piña salientou tamén a orixinalidade de todos os traballos e emprazou aos participantes a volver a presentarse aos concursos de 2024.