O Alcalde felicita en nome de todos os cañicenses e no seu propio ao CLUB BALONMÁN CAÑIZA

POR CONSEGUIR O PREMIO IBERDROLA SUPERA 2023 NA CATEGORÍA “SUPERA COMPETICIÓN”

Un premio que recoñece as mellores iniciativas postas en marcha en España a favor da igualdade de xénero na práctica deportiva, nunha Gala que celebrou a súa IV edición este mércores e na que se premiaron a 6 proxectos  de entre 900 candidaturas recibidas.

Estamos moi orgullosos do noso Club, do galardón conseguido co seu proxecto “La fuerza del deporte femenino en el rural “ e do seu traballo en conxunto.

Unha honra para todos os cañicenses que non podemos deixar de aplaudir e eloxiar.

Grazas a toda a FAMILIA DO BALONMÁN CAÑIZA pola implicación, esforzo e traballo ilusionante que amosades día a día no desenvolvemento desta disciplina que vai máis alá da práctica deportiva.

Un traballo de altura que merece ser recoñecido e premiado.

NORABOA E GRAZAS por ter conseguido este galardón cun proxecto gañador.