O Alcalde Luis Piña e o Delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades, visitaron onte as instalacións da empresa SAEPLAST
- Unha visita que da continuidade á axenda marcada polo Alcalde o pasado 16 de xaneiro para dar visibilidade a todas as empresas afincadas no polígono industrial municipal da Cañiza e que conforman o noso tecido empresarial e industrial.
- Nesta ocasión Luis Piña estivo acompañado polo Delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, quen se achegou unha vez máis á Cañiza para ratificarse “na súa aposta e compromiso persoal con este Concello”. Esta vez querendo dar a coñecer os activos empresariais e industriais asentados no polígono.
Acompañados por Beatriz Cendón, Office Manager Sales Coordinator da empresa SAEPLAST e polo Director de fábrica, Dorian Xerry, onte, Alcalde e Delegado visitaron a fábrica, afincada no ano 2000 na II Fase do Polígono Municipal. Unha ubicación privilexiada, segundo manifestaron dende a propia empresa, polas excelentes comunicacións terrestres que lles facilitan o transporte para os seus clientes de España e de Europa e tamén pola cercanía co Porto de Vigo para os envíos a Asia e o norte de África.
Con 3000 m2 de terreo, 1200 m2 de instalacións e 40 empregados traballando a 3 turnos de domingos a venres, Saeplast é unha das 30 fábricas pertencentes ao grupo islandés ROTOVIA.
Considerada no sector como unha empresa líder, leva 23 anos fabricando na Cañiza contenedores reforzados e pallets de polietileno isotérmicos de doble e triple parede, para todos os sectores da industria internacional alimentaria e do reciclado.
Os seus productos están fabricados por rotomoldeo e se caracterizan pola súa grande capacidade isotérmica, excelente durabilidade e alta resistencia a impactos. Ademáis as súas suaves superficies garanten unha hixiene óptima e limpeza sinxela.
Saeplast ten os seus orixes nun pobo pesqueiro do norte de Islandia, Dalvik. Fundouse no ano 1984 en resposta á demanda desta pequena comunidade pesqueira, fabricando contenedores de plástico isotérmicos para prolongar a garantía de calidade do peixe. Un esforzo que dende hai 30 anos distingue aos seus enxeñeiros e deseñadores, que continúan mellorando o produto.
Pescanova, El Pozo e Campofrío son algúns dos seus clientes españois, destacando Vion, Maggy e Sarval na súa clientela internacional.
Tras a visita, o Alcalde Luis Piña volveu a resaltar a importancia de promocionar e dar visibilidade as nosas empresas, “para atraer novas actividades mercantís e oportunidades de negocio e de traballo”. “Queremos reforzar tamén a nosa estratéxica posición a metade de camiño entre Vigo e Ourense e as boas comunicacións co resto das urbes galegas que nos respaldan como obxectivo empresarial. Salientar tamén que somos a porta de entrada á Plisan e a Vigo e a nosa cercanía con Portugal nos engade outro plus”.
Novamente, con esta mensaxe o Alcalde quixo chamar a atención de novas empresas sobre as potencialidades e oportunidades da Cañiza como zona industrial e comercial.
Galería multimedia