O Alcalde Luis Piña participa na presentación da «VÍA MARIANA» celebrada onte en Madrid no marco da Feira Internacional de Turismo «FITUR»

Onte presentouse en Madrid a “Vía Mariana", ruta de peregrinación luso-galaica que une Braga con Muxía, nun acto organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra para divulgar os atractivos que acolle a nosa provincia e no que, este ano, tivo un especial protagonismo esta Vía de peregrinación  tamén coñecida como "o camiño feminino"que ten na Cañiza a sede oficial da súa Asociación e o Santuario de A Franqueira, un dos 10 que une a Vía Mariana.

Na presentación participaron Alcaldes dos municipios pontevedreses polos que discurre o trazado. Ademáis do noso Alcalde Luis Piña, estiveron presentes os rexedores de Covelo, Arbo, Pontecaldelas e Cerdedo-Cotobade, que xunto cos Alcaldes e Deputados dos municipios da Coruña que tamén forman parte da Vía e o Deputado Provincial de Cultura, acompañaron ao Presidente da Deputación de Pontevedra na presentación. 

 

A VÍA MARIANA: un importante proxecto turístico, cultural, relixioso, económico e social

Tamén altruista e ambicioso, feito coa suma de talentos e vontades.

  • A Vía Mariana ten o seu Km Cero en Braga (Portugal) no Santuario do Sameiro, atravesa 5 cámaras portuguesas e entra en Galicia por Arbo ata chegar a Muxía recuperando do esquecemento estradas extraordinarias para xuntar os 10 santuarios, territorio repartido en 30 concellos e cámaras nun total de 400 Km.
  • Únicamente ten unha variante que ofrece a posibilidade verde e non masificada de ir por Brión en vez de pasar por Santiago.

 

Cun percorrido programado en 18 etapas, ten como principal obxectivo “crear sinerxias para favorecer as zonas rurais máis deprimidas, fixar poboación, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e ponderar a nosa riqueza paisaxística e patrimonial”.

 Enlace para  ampliar máis información sobre a Vía: https://www.facebook.com/share/15VVxrg9cG/