O Alcalde Luis Piña reuniuse esta mañá coa Directora de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Díaz Rivas, para tratar sobre o novo PARQUE EMPRESARIAL do VIEIRO

Acompañado dos respectivos técnicos, o Alcalde reuniuse coa Directora Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, no seu despacho de San Caetano, para presentarlle o Convenio e o estudo de sostenibilidade técnico- económica do novo parque empresarial do Vieiro do Consorcio da Zona Franca de Vigo, impulsado polo Concello da Cañiza.

Nesta xuntanza a Directora de Urbanismo explicou todos os pasos necesarios para enfocar a tramitación do procedemento que será necesario iniciar para modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, nos terreos nos que se promoverá o novo parque.

Un trámite que segundo se recolle no Convenio asinado entre o Concello e Zona Franca, publicado no BOE nº 88 do pasado 13 de abril de 2023, será necesario iniciar para cambiar a clasificación do chan neste ámbito, pasando de rústico de protección forestal a chan urbanizable con cualificación de uso industrial. 

Unha xuntanza que en palabras do Alcalde “resultou moi instructiva e que permitirá iniciar os trámites directos, axeitados e ordenados para desenvolver o cambio de clasificación do chan e evitará futuras complicacións ou erros burocráticos e polo tanto a optimización dos tempos administrativos, xa de por sí demasiado longos”.

Luis Piña agradeceu a atención recibida da Directora Xeral de Urbanismo e dos técnicos da Consellería "que orientaron aos nosos técnicos sobre o procedemento de cambio de clasificación diante da Administración Autonómica".

 

O Alcalde Luis Piña reuniuse esta mañá coa Directora de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Díaz Rivas, para tratar sobre o novo PARQUE EMPRESARIAL do VIEIRO