O Alcalde Luis Piña visita ás alumnas da Cañiza seleccionadas para participar no programa estatal “Entrena Emprego Rural”

O Alcalde Luis Piña, visitou esta mañá ás alumnas do municipio que participan na cuarta edición do programa estatal “Entrena Emprego Rural”. Esta iniciativa, de balde e semipresencial, busca mellorar a empregabilidade de mulleres que estiveron afastadas do mercado laboral.

Actualmente as participantes reciben acompañamento profesional por parte da Fundación Santa María la Real, que as orienta na busca de emprego, mellora do currículo, preparación de entrevistas, habilidades dixitais e posta en valor das competencias adquiridas no entorno familiar.

Durante a visita, o Alcalde Luis Piña destacou a importancia do programa para apoiar ás mulleres do municipio na súa reincorporación ao mercado laboral.

Así mesmo, informou de que, se a Fundación desexa volver impartir esta formación o vindeiro ano, será imprescindible ampliar o número de alumnas participantes da Cañiza, dado o interese e potencial que este tipo de programas representa para a localidade.

O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e a Fundación MAPFRE, coa colaboración da Xunta de Galicia e dos concellos implicados, entre eles, o da Cañiza.