O Alcalde Luís Piña visita o arranque da obra dun novo pozo de suministro de auga á traída municipal da Cañiza
- O INVESTIMENTO DA OBRA É DE 88.398,95€ SUBVENCIONADO NA SÚA TOTALIDADE POLA LIÑA 1 DO PLAN CONCELLOS 2022 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
- ESTE POZO VEN A SUMARSE AO XA REALIZADO NO MES DE ABRIL NA ZONA DO RAÑADOIRO POR UN VALOR DE PERTO DE 68.000 €
- OS DOUS POZOS SUPOÑEN UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 155.000 €
O Alcalde, Luis Piña, ven de visitar o arranque da construción dun novo pozo de barrena que subministrará auga ao depósito da traída municipal do Portoaugavella.
Este pozo, cun investimento previsto de 88.398,95 €, está financiado ao 100 % pola Deputación de Pontevedra.
A empresa adxudicataria e Construcciones, Obras y Viales S. A., COVSA.
Este obra fai parte das actuación realizadas polo Concello da Cañiza para mellorar o actual sistema de abastecemento de auga potable ao casco urbano da vila e tratar de garantir o servizo.
O proxecto consiste na creación dun pozo de barrena de 150 metros de profundidade, aproximadamente, a colocación dun motor que aportará un caudal de preto de 5m3 /hora e que bombeará a un quilómetro de distancia, salvando un desnivel de 60 metros, ata o depósito da traída municipal de Portoaugavella.
Instalarase, para que o sistema de bombeo funcione en automático e á demanda, un sistema de telemando entre a captación e o depósito, de maneira que a bomba de captación arranque automaticamente ante a necesidade de auga.
O proxecto conta con todos os permisos sectoriais necesarios ( Confederación Hidrográfica, etc.).
Este pozo, xuntamente co pozo do Rañadoiro que leva xa funcionando desde o mes de abril, suman un investimento de máis de 155.000 €. E aportarán un novo subministro de auga aos dous depósitos de cabeceira da traída municipal moi necesario xa que as previsións comunicadas ao Concello tanto desde a Confederación Hidrográfica Miño- Sil como desde Augas de Galicia, apuntan a que será un dos veráns máis secos das últimas décadas.
O Alcalde, Luis Piña, recorda que a rede necesita de actuacións futuras, caudalímetros, retedores, tubaxes, para alcanzar un estado adecuado da infraestrutura do servizo de auga, valorada en preto de 3 millóns de euros.
Galería multimedia