Nunha viaxe xunto a outros compañeiros Alcaldes e portavoces de tres días para coñecer en primeira persoa cómo afectan as medidas de Europa á vida e desenvolvemento da Cañiza e tamén para lograr máis fondos europeos para o noso Municipio.
Os fondos europeos tiveron moitísima importancia nestes 3 anos e medio de mandato, conseguindo cerca de 3 millóns de €uros , fundamentais para o noso desenvolvemento e sobre todo de cara ao asentamento poboacional.
Neste período conseguíronse a través dos fondos europeos axudas para a iniciativa de cambios de luminarias en todo o término municipal, dos que xa están executados 3 dos 6 proxectos subvencionados; a rehabilitación enerxética da piscina climatizada a través do Plan Pirep Local 1; o proxecto “Da Túa Man” de modernización e impulso do Comercio Local, tan importante para impulsar o noso comercio e fidelizar clientela e o Programa Único- Banda Ancha que levará a alta velocidade na telefonía a 2078 vivendas da Cañiza antes de rematar 2023.
OS FONDOS EUROPEOS
Os Fondos Europeos están a ter un papel central nas diferentes reunións que se celebran os tres días que durará a expedición, sobre todo naqueles apartados que teñen que ver co desenvolvemento rural e as partidas que tentan loitar contra o despoboamento.
Durante os encontros celebrados púxose especial fincapé en coñecer os mecanismos de solicitude dos fondos de recuperación, para que a axuda económica chegue de maneira correcta e eficaz, interesándose polas normativas europeas e a flexibilización, lembrando as dificultades que están a ter moitas empresas, para cumprir os compromisos coa administración pública, debido aos altos prezos e os problemas no acceso aos compoñentes, o que fai que se atrase a chegada dos fondos europeos.
Os representantes municipais están a ter así mesmo a oportunidade, de man dos socialistas europeos, de coñecer o funcionamento das institucións da UE.
Espérase que a visita dos alcaldes a Bruxelas sirva para reivindicar a necesidade de ofrecer respostas rápidas e eficaces ás posibles dificultades que se poidan presentar e para demandar políticas activas para afrontar a crise desde o ámbito municipal.
VIDEO