O Alcalde Luis Piña visita as obras da piscina climatizada acompañado do arquitecto Carlos Mezquita e dos técnicos de CIVIS GLOBAL, S.L.U, encargados desta rehabilitación que comezou o pasado mes de abril

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL APROBOU O PASADO 14 DE SETEMBRO A MODIFICACIÓN DO PROXECTO DE OBRA DEBIDO ÁS NECESIDADES XURDIDAS DURANTE A EXECUCIÓN DA MESMA.

  • A obra, cun investimento inicial de 742.747,95€ (incluida a execución da obra e os costes de redacción de proxectos, dirección de obra, execución material e seguridade e saúde), está financiada pola Deputación Provincial con 689.048,95€ do plan de infraestruturas REACPON Reacciona Pontevedra e o Plan Concellos 2022-2023.
  • No proceso de contratación a empresa concesionaria presentou una oferta que rebaixou o investimento inicial en  10.335,74€.
  • Con todo e debido aos incrementos de execución da obra, a actuación sufriu unha subida dun 19,98%. Un total de 135.619,75€  máis polo que a Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 14 de setembro tivo que aprobar o modificado do proxecto da obra que agora ascende a 814.332,96 € máis os gastos de proxectos e dirección.

 

Este incremento de obra de 135.619,75€, permitirá subsanar as deficiencias que non estaban contempladas inicialmente no proxecto e que xurdiron durante os traballos de reforma iniciados en abril.  Entre elas destacan as actuacións sobre as perdas de auga por deterioro do sistema de impulsión da piscina, a sustitución do canalón oculto da cuberta panel sandwich, o cambio de solución da fachada sate por chapa minionda con aillamento, a sustitución da impermeabilización de petos na cubierta transitable, a colocación de disipador de calor na instalación de enerxía solar térmica, o cambio de solución da losa do vaso debido ao novo sistema de impulsión e o cambio dos conductos de ventilación e rexillas nos vestiarios e salas anexas, entre outras.

 

A PISCINA PODERÁ ABRIRSE DURANTE OS PRIMEIROS MESES DE 2023  

O pasado 25 de abril a  empresa CIVIS GLOBAL, S.L.U, adxudicataria do contrato comezou as obras de REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DA PISCINA MUNICIPAL consistente en obras de reparación, mellora nas instalacions e renovacion de acabados nos vestiarios da piscina.

Un proxecto redactado polos arquitectos Jorge Nimo Silva e Carlos Mezquita Fernández, quen esta semana visitou a obra xunto cos técnicos da empresa para explicarlle ao Alcalde Luis Piña o avance das mesmas.

 

XA REMATARON AS OBRAS DE REFORMA INTEGRAL DAS DÚAS CUBERTAS.

Cinco meses despois de comenzar a execución da reforma, xa están rematadas as actuacións desenvolvidas sobre as dúas cubertas da piscina. A cuberta inclinada e a plana que suman un total de 1500 m2.  Nunha das cubertas instalouse unha nova estrutura de chapa e volveron a colocarse os paneis térmicos que aínda que estaban instalados, non estaban conectados.

Na cuberta inclinada, nun total aproximado de 900 m2, retirouse o panel de chapa e o de policarbonato e na cuberta plana de 800 m2, se retiraron todos os elementos existentes, a grava, o aislamento e as láminas impermeabilizantes que presentaban un avanzado estado de deterioro.  Tamén se remataron as obras de colocación e impermeabilización das mesmas, incluindo a realización dunha proba de estanqueidade, enchendo a cuberta con auga para comprobar a súa efectividade.

Unha actuación que mellorará o sistema de climatización da piscina, actuando en toda a cuberta para acadar un maior aislamento térmico e reducción de consumos de enerxía.

 

SUSTITUIUSE A CALDEIRA DE GAS-OIL POR CALDEIRA DE PELETS.

Se retiraron os antigos elementos de gas-oil de producción de calor da sala técnica e se preinstalaron as novas caldeiras de pelets, ademáis de instalarse o novo silo. Outra actuación que permitirá mellorar a eficiencia enerxética e reducir os consumos.

 

ELIMINOUSE O VASO PEQUENO E CREOUSE UNHA NOVA ZONA DE USOS MÚLTIPLES.

Tamén se remataron as obras de peche do vaso pequeno da piscina que convertirá este espazo nunha sala polivalente de máis de 200 m2.  Completouse a instalación da ventilación e continúan os traballos de iluminación e colocación do pavimento deportivo.

 

A EMPRESA TRABALLA NA REDUCCIÓN DO NIVEL PROFUNDO DO VASO GRANDE QUE QUEDARÁ A 1.20m  -  1.30m  DE PROFUNDIDADE

Nesta visita o Alcalde tamén puido comprobar o avance nas obras do vaso grande da piscina que reducirá a súa profundidade nun metro, quedando a un nivel de 1,20m -1,30m. Xa remataron as obras de recrecido da losa do vaso e de impermeabilización e nestos momentos estase revestindo con alicatado.

 

CAMBIO DO FALSO TEITO

Sustituíronse todos os falsos teitos dos vestiarios, pasillos e recepción da instalación, retirando o vinílico antigo por un novo de virutas de madeira, mellorando no so a estética da instalación senon tamén a parte acústica  e técnica  da envolvente. Nesta parte quedan por rematar os traballos de pintura e iluminación.

 

A REFORMA DA PISCINA PRESENTA COMO NOVIDADE A CREACIÓN DUNHA ZONA «WELLNESS».

Nestes momentos a empresa está traballando na nova zona de  «benestar» que se situará no lugar que ocupaba a metade das gradas e que terá capacidade para 10 persoas.  Nesta visita o Alcalde pudo comprobar como xa está instalada a sauna, o baño turco e o spa, quedando pendentes os traballos de revestimento con alicatado, enrastrelado de madeira e instalación de iluminación LED.