O Alcalde presenta o estudo da situación actual da rede de abastecemento de auga potable do núcleo urbano

A rede está obsoleta e necesita renovarse.

Luis Piña informou este luns sobre as deficiencias que presenta a Rede con máis de 40 anos de antigüedade e que leva xa unha década demandando a realización de necesarias actuacións para garantir que o servizo poida prestarse axeitadamente.

 

ASÍ O MANIFESTOU O ALCALDE LUIS PIÑA ESTA SEMANA DESPOIS DE PRESENTAR O ESTUDO COMPLETO DA REDE DO CASCO URBANO ENCARGADO A UNHA ENXEÑERÍA PARA EVALUAR A SITUACIÓN ACTUAL

  • Para garantir o subministro de auga adecuado ás vivendas do casco, sobre todo en tempos de seca, será necesario acometer, nos vindeiros anos, reformas na infraestructura por valor  de 228.839,48.
  • Xa a medio e largo prazo as actuacións elévanse a 2.886.987,95 €, sendo necesario cambiar as tuberías principais, pechar en aneis a rede de abastecemento para detectar rápidamente as fugas de auga por sectores e instalar nas acometidas dos domicilios válvulas redutoras.

 

Tras realizar un estudo completo da rede de abastecemento do núcleo urbano de A Cañiza , o Alcalde Luis piña informou este luns das deficiencias que presenta este Rede con máis de 40 anos de antigüedade e que leva xa unha década demandando a realización de necesarias actuacións para garantir que o servizo poida prestarse axeitadamente:

  • Instalación de válvulas redutoras de presión que permitan manter unha presión adecuada da auga nas vivendas.
  • Sustitución das arterias principais de distribución por outras de maior diámetro.
  • Instalación de novos tramos de tubería que permitan crear unha rede mallada con circuitos anelares.
  • Sectorización da rede que permita ter un control máis detallado.
  • Necesidade de contar cun sistema de abastecemento no que se teña un control adecuado sobre o volumen suministrado e o volumen consumido.

 

ACTUACIÓNS QUE SE DESENVOLVERÁN NOS VINDEIROS ANOS PARA GARANTIR QUE O SERVIZO SE PRESTE CUNS MÍNIMOS DE CALIDADE, SOBRE TODO EN TEMPOS DE SECA.

Establécense unha serie de actuacións, que suporán unha inversión de 228.839,48€, entre as que se enmarcan as seguintes:

- Sectorización con caudalímetros:  189.342,66 €

- Reparacións en Depósitos de Auga Potable:   8.715,63 €

- Válvulas redutoras de presión na rede de distribución:  20.889,01 €

- Instalación de contadores en edificios públicos e captacións: 4.892,18 €

Con estas actuacións preténdese lograr unha xestión eficiente dos recursos hídricos en base aos seguintes puntos:

  • Control detallado dos caudais e volumes que entran e saen da rede de abastecemento municipal.
  • Cuantificación das perdas de auga, localizando os puntos ou zonas problemáticas: redución das perdas a un máximo tolerable dun 20-25%.
  • Rápida actuación ante roturas ou avarías na rede.
  • Novas válvulas redutoras: presión de auga adecuada en todas as vivendas e establecementos.
  • Base para o estudo dos caudais de auga necesarios para garantir o abastecemento no núcleo urbano.

 

ACTUACIÓNS A MEDIO E LONGO PRAZO PARA MODERNIZAR E OPTIMIZAR O SERVIZO

Por outra banda, o estudo establece outras  actuacións a medio-longo prazo cunha inversión de 2.886.987,95 €:

  • Cambio tuberías distribución principais (maior diámetro):   1.885.761,32 €
  • Peche en aneis da rede de abastecemento:   290.126,61 €
  • Acometidas en domicilios con válvulas redutoras:   711.100,02 €

 

Con estas actuacións lograrase modernizar e optimizar a xestión da rede de abastecemento:

  • Renovación das tuberías de abastecemento dacordo á normativa vixente: diámetros adecuados nas principais arterias de distribución.
  • Un maior diámetro nas principais arterias de distribución de auga implicaría unha reducción das perdas de presión da rede.
  • Dotar ao núcleo urbano dunha infraestrutura de abastecemento moderna e actualizada:
    • Circuitos anelares: rede mallada que asegura o abastecemento ante avarías ou incidencias.
    • Presión alta na rede de distribución e redución en cada unha das acometidas.