O Alcalde visita aos nen@s do campamento urbano de verán organizado polo concello e que comezou este 1º de xullo

Plan corresponsables

 

Con base nas instalacións municipais do pavillón de deportes Carballo do Marco. 

@s 100 nen@s inscrit@s nesta nova edición, que se desenvolverá en dúas quendas, do 1 ao 15 de xullo e do 18 ao 29 de xullo, disfrutarán dunha variada programación de cara a fomentar a práctica de actividades físicas, deportivas e recreativas no medio natural.

Ademáis polas mañás e sempre que o tempo o permita, poderán usar en exclusividade as instalacións da piscina ao aire libre.

Esta mañá, o Alcalde Luis Piña tivo a oportunidade de conversar cos nen@s desta primeira quenda ilusionados polo seu primeiro día e pola variedade de actividades  que teñen ao seu dispor.

 

Este campamento de verán "EU QUERO SER", está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro das axudas a entidades locais para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables para o ano 2022  (código de procedemento SI436A), publicado no DOGA Nº 142 do 27.07.2022.

 

Secretaria Xeral de Igualdade