O Alcalde visita o lugar de Gundián en Petán no que recentemente se investiron 110.909,65€ para a construción do saneamento, instalación dunha depuradora biolóxica e asfaltado de 518 m. de pista municipal.
- Así o informou Luis Piña na visita de hoxe a O Carballal e As Ameixeiras (Gundián), na que estivo acompañado polo Director de Obra Javier Carballo e as Concelleiras de Goberno María José Rodríguez, Paula Bacelar e Eva Mª Rivas.
- Segundo o Alcalde “conseguimos dar resposta a unha reivindicación veciñal de máis de dúas décadas, conseguindo o 100% da financiación do investimento grazas a unha subvención de 79.600,43€ do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e outra axuda de 31.309,22€ do programa «+ Provincia 2024» da Deputación de Pontevedra”.
Esta mañá visitamos as obras de «Saneamento no lugar de Gundián – Petán», que consistiron na construción do sistema de alcantarillado, instalación dunha depuradora e tamén na reposición do asfaltado das pistas deste barrio da parroquia de Petán.
Segundo explicou o Alcalde Luis Piña “o investimento da execución material destas obras ascendeu a 73.629,55€ aos que houbo que engadir o 13% de gastos xerais (9.571,84€) e o 6% de beneficio industrial ( 4.417,77€). A estas cantidades tamén se sumou o 21% de Ive, resultando un total de 106.019,18€, ademáis dos honorarios de redacción do proxecto (2.667,53€) e os costes da dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde ( 2.222,94€).”
A execución de obra foi adxudicada por 95.936,75 €uros á empresa CONSTRUCCIONES VALE, S.L.
As obras contaron con todas as autorizacións sectoriais favorables, tanto do Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible do Goberno de España, ao atoparse a actuación en zona de afección da estrada N-120 Logroño – Vigo, como da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia ao desenvolverse as obras en zona de protección na contorna da Capela da Virxe do Gundián, catalogada por Patrimonio. Ademáis contou coa autorización de obras e de verquido da Confederación Hidrográfica do Miño Sil.
Esta obra, que ven a dar resposta a unha reivindicación veciñal de moitos anos, consistiu na dotación de rede de alcantarillado para as vivendas de O Carballal e As Ameixeiras, con instalación de tubería de saneamento, cambios de dirección, conexións a outros colectores e conexións con acometidas domiciliarias e intalación de pozos de rexistro.
A actuación executouse en 2 tramos e un pequeno ramal para a recollida das augas fecais de todas as vivendas. En total instaláronse 20 pozos de rexistro nos puntos necesarios do novo colector e 10 acometidas domiciliarias con tubaxe de PVC de 200 mm. O 1º tramo recolle as augas de As Ameixeiras e o 2º tramo as augas de O Carballal para desembocar no tramo final, a partir dun pozo que concecta coa nova depuradora.
Na cota máis baixa desta contorna instalouse un sistema de depuración biolóxica por filtración ao terreo para 25 habitantes que tamén conta coa autorización de verquido correspondente. Esta obra consistiu na dotación de arqueta con reixa de desbaste, un decantador dixestor, leito bacteriano e a arqueta de rexistro final, por onde sae a auga depurada. Incluíuse tamén un pozo filtrante despois da arqueta de rexistro, debido a que, en períodos estivais, o regato ten un caudal escaso.
Despois das obras de alcantarillado, o Concello tamén executou as obras de asfaltado das pistas municipais do Gundián nun tramo de 518 metros de lonxitude, aproveitando a obra para ampliar o ancho das cunetas de 0.80cm a 1,00m.
Galería multimedia