O Alcalde visita as obras de mellora da pista das Grades, nas Achas, incluídas no Plan Camiños 2024/2025 xunto con outras dúas actuacións nos Bueixos, cun investimento total de 112.655,01€
O Alcalde Luis Piña visitou as obras de mellora da pista municipal das Grades, na parroquia de Achas, acompañado polos concelleiros do Goberno María José Rodríguez e Miguel Anxo Antón. Esta actuación está incluída no “Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025”, promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia.
As obras, cun investimento total de 112.655,01 €, desenvolvéronse en dúas anualidades e inclúen tamén a mellora dos dous tramos do camiño dos Bueixos, iniciadas a mediados de agosto de 2024. Os traballos na pista das Grades remataron a pasada semana.
Segundo informou o Alcalde, ademais da mellora do firme, o Concello realizou con fondos propios a renovación da rede de abastecemento de auga potable, deixando acometidas preparadas para futuras construcións. Tamén se instalaron dous retenedores de auga para controlar o paso das augas en episodios de chuvias intensas, evitando o colapso da rede de drenaxe na zona.
A intervención comprende unha lonxitude total de 1.590 metros de pista con anchos variables.
Os camiños presentaban un firme moi deteriorado, especialmente no caso da pista das Grades, onde as raíces da vexetación afectaban á seguridade viaria. Por iso, procedeuse á eliminación destas raíces, saneamento da base e posterior asfaltado.
O financiamento da actuación repártese do seguinte xeito:
- 88.755,00 € achegados por Agader.
- 23.702,89 € financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra, a través do Plan +Provincia 2024.
Os custos inclúen:
- 73.499,01 € de execución material,
- 9.554,87 € de gastos xerais (13%),
- 4.409,94 € de beneficio industrial (6%),
- 18.367,40 € de IVE (21%).
A estes engádense:
- 3.112,37 € de redacción de proxecto,
- 2.223,12 € de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde,
- 1.488,30 € de control de calidade.
A obra foi adxudicada á empresa Narom S.L. por un importe de 95.174,02 € e conta con todas as autorizacións sectoriais necesarias:
- Do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, ao tratarse dunha zona afectada pola Autovía A-52,
- Da Deputación de Pontevedra, por estar próxima á estrada EP-5003,
- E da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, ao discorrer parcialmente en zona de policía fluvial dos regatos dos Bueixos e da Ponte das Achas.
O Alcalde destacou que a actuación se desenvolveu en dúas fases:
- A primeira, presentada en abril, incluíu os dous tramos do camiño dos Bueixos (607 m e 620 m, respectivamente).
- A segunda, finalizada este mes de xuño, corresponde a un treito de 363 metros na pista das Grades.
Todas as pistas melloradas dan acceso a parcelas agrícolas, contribuíndo así ao desenvolvemento rural, á mellora da seguridade viaria e á conservación do territorio.
Galería multimedia