O CEIP de Valeixe estrea a súa «Escaleira da Igualdade»
Dentro das actividades desenvolvidas para visibilizar o traballo en prol da igualdade e prevención da violencia de xénero.
Trátase dunha iniciativa que se estreou o pasado 18 de novembro de 2021 no centro de primaria e da ESO da Cañiza e que agora luce tamén no Centro Escolar de Valeixe.
O CONCELLO DA CAÑIZA COLOCA TAMÉN NO CENTRO ESCOLAR CEIP DE VALEIXE A «ESCALEIRA DA IGUALDADE»
A piques de celebrar a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Cañiza continúa coa labor de concienciación e promoción da igualdade; apostando porque a igualdade sexa un tema trasversal en todas as accións municipais.
Continuando con esta labor de sensibilización e dando continuidade á acción realizada no CPI de A Cañiza o pasado 18 de novembro, esta semana quedou colocada no CEIP de Touzosas – Valeixe «a escaleira da igualdade» que recolle exemplos das mensaxes que como sociedade igualitaria debemos inculcar e ter presentes na educación das nosas nenas e nenos. Transmite os principios dunha sociedade tolerante, inclusiva e igualitaria e pretende servir de material de reflexión para todo o alumnado dos centros educativos e de material de traballo para o profesorado.
O Concello continuará traballando de cheo neste eido, poñendo especial atención na importancia da formación, da concienciación e da prevención dende a infancia, tanto dende o ámbito da familia como dende o contexto escolar.