CAMPAMENTO URBANO 2024
Dirixido a nenas e nenos dende os 3 anos (sempre que teñan cursado 4º de educación infantil) ata os 12 anos, no que poderán gozar de actividades de carácter sociocultural, recreativo, deportivo e convivencial.
Ofértanse un total de 120 prazas divididas en dúas quincenas. Dende o 01 de xullo ata o día 15, ambos inclusive e do 16 ao 31 de xullo.
Este ano contamos con 7 monitoras. Unha dedicada a nenos e nenas con necesidades especiais.
Prazo de inscrición: dende o 11 ao 20 de xuño de 2024.
O Alcalde Luis Piña informou que dende mañá martes, 11 de xuño, ata o día 20 deste mes, estará aberto o prazo de inscricións para participar neste campamento e que a adxudicación das prazas se realizará por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as familias nas que traballen os dous proxenitores (este aspecto deberá estar acreditado formalmente) por motivos de conciliación laboral.
As solicitudes deberán realizarse na Biblioteca Pública Municipal, onde se facilitarán os boletíns de inscricións e demáis documentos que se presentarán nesta mesma oficina.
Toda a información sobre o procedemento está recollida no folleto informativo e nas Bases reguladoras.
Segundo informou o Alcalde este ano o 50% das plazas serán asignadas seguindo o mesmo criterio de anualidades anteriores e o outro 50% aplicando criterios de conciliación.
O prezo de cada quincena queda establecido en 55€ por participante. No caso de solicitude dobre o prezo ten unha reducción de 12,42€, establecéndose a asistencia en 97,58 e no caso de solicitude tripla a reducción é de 55€, establecéndose a asistencia en 110€.
Este ano o Concello terá que asumir o 100% dos gastos do campamento, que superan os 12.000€, xa que non contamos coas axudas da Xunta de Galicia, estando en lista de espera.