
O Concello aproba na Sesión Plenaria de onte a actualización das Ordenanzas Fiscais das taxas do lixo, saneamento e auga.
Actualización da Ordenanza do lixo: servizo de Residuos Sólidos Urbanos
O Prezo do canon de SOGAMA, Sociedade Galega do Medio Ambiente, que na Cañiza pasou de 66€/tn en decembro de 2023 a 88€/Tn neste ano, subirá a partires de xaneiro de 2025 a 108€/tn máis 10% de ive.
Un incremento de case o doble na tonelada que descuadra o capítulo de costes no servizo de recollida de lixo.
O Alcalde avanzou esta mañá que o Goberno da Xunta de Galicia comunicou en xullo, de xeito unilateral e con carácter retroactivo, que se subía neste 2024 a tonelada de basura pasando de 66€ ( 56€ no caso da Cañiza porque estaba suxeita a unha bonificación de 9,9€/ tn) a 88 €/tn. Unha subida NON prevista nos orzamentos nin no Plan de Saneamento Financeiro que o Concello ten que enviar todos os anos ao Ministerio de Hacienda para seguir mantendo a retención na Participación de Tributos do Estado no 25% (para pagar a débeda de case 2 millóns trescentos mil Euros que debe A Cañiza en concepto de facturas sen abonar, como xa explicamos noutras comunicacións).
Ademáis nestes días poidemos coñecer a previsión de Sogama de volver a subir a partires de xaneiro de 2025 o prezo da tonelada, pasando de 88€/tn a 108€/ máis o 10% de Ive.
Por este motivo e polo incremento do IPC, o Concello aprobou no Pleno celebrado onte ás 14:30h, unha proposta de modificación desta ordenanza, cunha actualización que ten como obxectivo principal manter o equilibrio entre o capítulo de ingresos e gastos e non presionar demasiado aos nosos veciños nos recibos desta taxa.
Despois de realizar os estudos de costes e ingresos previstos para 2025, o servizo de lixo terá uns costes de 382.398,83 €.
Sólo no concepto de retirada das toneladas por parte de SOGAMA estímase unha subida en torno aos 83.848,24, que poderá variar ao alza (subindo de 83.848,24€ (con bonificación ) a 107.492,72€ (sen bonificación) en función da capacidade que teñamos os cañicenses de reciclar e facer un uso responsable dos nosos residuos).
Para realizar os estudos de gastos de 2025, o Concello estimou o coste da Tn en 95€ + 10% Ive se cumplimos cos puntos estipulados para poder optar a esta bonificación, senón será de aplicación a tarifa normal de 108€/tn + 10% Ive.
Neste punto o Alcalde aclarou que a subida vese algo compensada pola xubilación dun operario neste 2024 que será sustituido por outro da plantilla polo que os costes no capítulo de persoal non se dispararon.
No pleno deste 24 de outubro o Goberno propuxo e aprobou unha actualización na taxa do lixo de 13€/ ano, tanto na recollida urbana como na rural, o que supón un incremento de 3,25€/trimestre e de 1,08€/mes. En términos globais en 2025 o recibo de lixo para todos os cañicenses queda establecido en 88,80€ anuais para as vivendas no casco urbán ( 22,2€/ao trimestre e 7,4€/mes) e 68,80€ anuais para as vivendas no rural ( 17,2€/trimestre e 5,7€/mes).
Coa subida que se propón e as bonificacións ás que se pode adherir o Concello sempre que se cumpra cunha das 3 directrices que marca Sogama (reducir a % de residuos entregadas a Sogama nun 1% ou incrementar as achegas de recollida selectiva do contenedor amarillo ou do marrón nun 3%) o Concello podería recaudar un total anual de 277.099,39€. Neste capítulo de ingresos tamén está computada a axuda que a Xunta aportará aos Concellos a través do Fondo de Cooperación Local para paliar esta subida, estipulada en 12€/tn, partindo de que o Concello da Cañiza entrega anualmente a Sogama en torno a 1.700 tn residuo/ano.
Con estes datos e a pesares da actualización proposta, o servizo de recollida de lixo continúa cun déficit /perda de -54.758,79€, dos que o Concello terá que dar conta ante o Ministerio de Hacienda.
Actualización da Ordenanza de Saneamento
No Pleno desde 24 de outubro tamén se aprobou a modificación da ordenanza reguladora da taxa do saneamento que tamén se salda en 2024 cuns costes totales de 167.194,05€ ( nestes costes entran os gastos xerados pola depuradora Urbana ( 82.656€,) depuradora industrial ( 36.400€), EDAR de Achas ( 14.387,01€), Edar de Valeixe ( 18.290,90€) , outras EDARS e fosas sépticas, analíticas, costes de reparacións, persoal e maquinaria.
Neste capítulo o Concello terá que sacar a curto prazo a concurso do servizo de mantemento das depuradoras urbana e industrial que están sen actualizar alomenos dende hai unha década e que suporá un incremento do doble do coste actual que está cuantificado en 5.530€/mes. Un total de 66.360,00€/ano.
INGRESOS: Para poder cuadrar estos costes, o Concello propón unha actualización para a taxa de saneamento urbana dun 3,1% para a cuota fixa (pasando de ingresar 12.589,20€ no ano 2024 a 12.979,46€ no ano 2025) e dun 100% para a cuota variable (pasando de ingresar 4.340,94€ en 2024 a 8.681,88€ en 2025).
No casco urbano a taxa actualízase en 7,42€ de mantemento trimestral máis a cuota variable en función do consumo de auga para as vivendas e comercios e en 23,51€ máis consumos trimestrais para usos industriais
No rural o padrón de saneamento que actualmente está en fase de alegacións e consolidación tamén experimenta a actualización do 3,1% pasando dunha cuota fixa de 28,80€ a 29,69€/ ano.
Esta actualización permitirá recaudar en 2025 un total de 117.879,24 €, tendo que asumir o Concello unha perda por este servizo de -49,314,81€.
Actualización da Ordenanza de Auga de Consumo
Por último, neste Pleno tamén se aprobou a actualización da ordenanza reguladora da taxa de auga de consumo que tamén vese modificada cun incremento dun 3,1% nos recibos anuais para 2025.
Este incremento do 3,1% unicamente na cuota fixa, suporá unha subida anual de 1.612,40€ pasando de recaudar por este concepto 52.012,80€ en 2024 a 53.625,19€ en 2025. Esta cantidad sumada aos consumos (tomando como previsión o 1º trimestre de 2024 xa cobrado de 23.430,66€) , un total anual de 93.722,64€ , reflexa uns ingresos de 95.335,04€ anuais.
No casco urbano a taxa actualízase en 7,42€ de mantemento trimestral máis a cuota variable en función do consumo de auga para as vivendas e en 12,37€ de mantemento trimestral máis consumos para usos comerciais e industriais.
Os informes deste servizo, rexistran uns costes de 162.606,74€ para este 2024. A actualización prevé uns ingresos de 95.335,04€, resultando un déficit de -67.271,70€.