O Concello aprobará a modificación do seu Regulamento de Protocolo, Cerimonial, Honores e Distincións
- Na Sesión Plenaria que se celebrará este 28 de xullo.
- Unha revisión que se fixo necesaria para adaptar e actualizar a normativa do texto.
- Á proposta do Alcalde Luis Piña e para ensalzar o símbolo do noso escudo e bandeira «o Carballo e o seu froito, a Landra», a modificación introduce a concesión dunha nova distinción: o «outorgamento da Landra de Ouro da Vila da Cañiza», que nace coa intención de ponderar e recoñecer a labor profesional ou traxectoria vital de todas aquelas persoas, veciños ou visitantes, que en calquera dos ámbitos da actividade pública ou privada destacaran de forma relevante.
- Na simboloxía da Cañiza o carballo interprétase como a árbore máis rica desde a creación pola dureza da súa madeira. Simboliza superioridade, forza moral, espiritual e física ante a adversidade. O seu tronco enraizado representa a profunda solidez da formación humanística que inspira o estudo e o seu froito, a landra, o alimento que no principio dos tempos sustentaba aos homes.
- “A Landra” no Escudo do Concello representa tamén ás nove parroquias que integran A Cañiza.
- Considerando o seu valor simbólico para o Municipio da Cañiza, introdúcese no presente Regulamento como un honor e distinción que poderá concederse polo Alcalde.
O Concello conta cun Regulamento de Protocolo, cerimonial, Honores e Distincións vixente dende a súa aprobación no BOP nº 161 do 22/08/2014.
Sin embargo o transcurso de oito anos e a experiencia da aplicación do mesmo, requería a necesidade de modificar algúns artigos co fin de actualizar a normativa referente ás distincións e honras que outorga o Concello da Cañiza á realidade vixente.
No Pleno do vindeiro 28 de xullo acordarase a aprobación da modificación de 4 artigos:
Artigo 6 apartado 1º.: Orde de precedencias da Corporación Municipal.
Se reformula a orde de precedencia interna da Corporación Municipal, introducíndose no apartado 3º o lugar de «concelleiros que ostenten algunha Delegación da Alcaldía», quedando a orde de precedencias como segue:
1º) O Alcalde.
2º) Os Tenientes de Alcalde, polo seu orde correspondente.
3º) Os Concelleiros que ostenten Delegación da Alcaldía.
4º) Os Portavoces dos grupos políticos ordeados de maior a menor representación municipal.
5º Os demáis Concelleiros, polo seu orde electoral e ordenados de maior a menor representación municipal.
6º) Os cargos directivos do Concello, polo seu orde de nomeamento.
Modificación do artigo 7: Asistencia da Corporación Municipal. Se propón designar a asistencia dos concelleiros da Corporación Municipal a Actos Solemnes que por tradición se celebren con motivo de festividades singulares.
Se propón eliminar a asistencia aos actos do «Petelo de Ouro» e «Corpus Cristi» e manter os actos solemnes derivados da festividade na honra do Santísimo Cristo da Agonía da Cañiza que se celebra o segundo domingo do mes de xullo e da festividade na honra da patroa da Cañiza, Santa Teresa de Jesús que se celebra o 15 de outubro.
Modificación do artigo 18. Incorpórase unha nova distinción ás 6 xa existentes: «Landra de Ouro da Vila da Cañiza»,podendo o Concello outorgar, para recoñecer e premiar especiais merecementos ou servizos extraordinarios, as seguintes distincións:
- Medalla da Vila da Cañiza, nas súas categorías de Ouro, Prata e Bronce.
- Título de Fillo Predilecto da Cañiza.
- Título de Fillo Adoptivo da Cañiza.
- Chave de Ouro da Vila.
- Título de Visitante Ilustre da Cañiza.
- Título de Cañicense Exemplar.
- Landra de Ouro da Vila da Cañiza.
Modificación do artigo 33, 34 e 35. Incorpórase neste artigo a nova distinción «Landra de Ouro da Vila da Cañiza», desarrollándose no artigo 33 a introducción desta nova distinción, no artigo 34 o obxecto do mesmo e no artigo 35 a súa concesión.