O Concello cambia os itinerarios do servizo de recollida de lixo para adaptarse á apertura da planta de SOGAMA en Arbo

  • Este 2 de maio entrou en funcionamento a nova planta de recollida de lixo de SOGAMA en Arbo na que depositarán os residuos sólidos urbáns os 4 concellos da Comarca. Esto supón o peche da planta da Cañiza, feito que obriga ao Concello a readaptar os itinerarios nas parroquias para optimizar o servizo de recollida.
  • Por este motivo modifícase tamén o horario do punto limpio da Cañiza, situado na mesma dirección da Planta de SOGAMA. A partires do venres 3 de maio entra en vigor o novo horario de apertura que queda establecido para os venres en horario de 8:00h a 15:00h, con posibilidade de cambiar e adaptar estos horarios se fora necesario.
  • Ademáis nas vindeiras semanas entrará en funcionamento no casco urbano o novo servizo de recollida de residuos orgánicos (contenedor marrón no que se poderán depositar restos de comida, plantas, follas, frores ou céspede). Un novo servizo para o que o Concello xa está preparado despois de adquirir  700 cubos domiciliarios que se repartirán próximamente á veciñanza, os contenedores marróns e o camión de recollida de biorresiduos recepcionado polo Concello en decembro do ano 2022.

 

O Alcalde Luis Piña comunicou esta mañá que “se modifican os itinerarios do servizo de recollida de residuos na Cañiza que a partires de hoxe comezará ás 8.00 da mañá no casco urbano, para non interferir co tránsito de vehículos e rematará polas parroquias, cambiando o itinerario pero non a periodicidade da recollida”. Os sábados a recollida no casco urbano cambia tamén para a mañá.

A modificación dos itinerarios do Servizo de recollida de lixo está obrigada polo peche da planta de transferencia de SOGAMA da Cañiza que daba servizo aos 4 concellos da Comarca e que a partires de hoxe abre en ARBO.

Por este motivo o Concello cambia tamén os horarios de apertura do PUNTO LIMPO, considerando que o persoal municipal xa non terá que estar disponible durante toda a semana para abrir e pechar a instalación para os camións destes 4 Concellos (a Planta de Transferencia e vertido de SOGAMA e o PUNTO LIMPO do Concello estaban no mesmo emprazamento).  Debido a este reaxuste e continuando coa liña de recorte de gasto para cumprir co Plan de Saneamento financeiro municipal, o Concello prescindirá nun futuro deste posto de traballo.

Polo tanto a partires do 3 de maio o Punto limpo da Cañiza estará aberto únicamente os venres, en horario de 8:00h a 15:00h. Por outra banda, NON VARIA o día nin o procedemento para que os veciños que non poidan desplazar ata o Punto Limpo os residuos voluminosos, avisen ao Concello para que os retiren.

A recollida de voluminosos polas parroquias continuará activa o último xoves de cada mes, previo aviso dos interesados e do abono dunha taxa de 10€ para a retirada dos residuos. Este servizo é gratuito para os veciños que trasladen os residuos ata o Punto Limpo.

 

A Cañiza xa está preparada para recoller os Biorresiduos

O Alcalde volveu a recordar esta mañá que o Concello está preparado para recoller a fracción orgánica dende decembro de 2022, quedando á espera de que abrise a nova planta de tratamento biolóxico de Sogama en ARBO que se inaugurou hoxe 2 de maio. “Esta recollida realizarase soamente no casco urbano, xa que nas parroquias apostamos pola reciclaxe con composteiros individuais. Unha iniciativa que fomentamos coa achega de máis de 150 unidades que se repartiron no rural e que continuaremos impulsando coa adquisición de máis composteiros" comentou esta mañá Luis Piña.

No casco urbano o Concello repartirá máis de 700 cubos para a recollida desta fracción. Ademáis o Concello recepcionou o 14 de decembro de 2022 o camión de biorresiduos, que tivo un investimento de 49.005,00 €, subvencionado con 30.000€ pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia con Fondos Europeos, cofinanciada tamén pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2022 cunha axuda de 15.203,75 €uros e con fondos propios do Concello por un importe de 3.801,25€.