O Concello conta dende hoxe cun novo sistema de control horario para os empregados municipais

A mercantil MHP SERVICIOS DE CONTROL SL. será a encargada de subministrar, instalar e manter o sistema de control horario dos traballadores  por un importe de adxudicación de 3.780,00€ para os 3 anos de duración do contrato.

 

O ALCALDE ASINOU HOXE O DECRETO DE ADXUDICACIÓN DO NOVO SISTEMA DE CONTROL HORARIO DO PERSOAL DO CONCELLO

 

  • Unha  fichaxe que é de obrigado cumprimento segundo se recolle no artigo 10 do R.D.LEI 8/2019 do 8 de marzo de medidas urxentes de protección social e loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo

 

  • Este Real Decreto establece que as empresas deben garantir o rexistro diario da xornada laboral mediante un  rexistro  que debe incluir o horario de inicio e remate da mesma.

 

O Alcalde Luis Piña asinou esta mañá o Decreto de adxudicación do sistema de control horario que rexerá a xornada laboral dos empregados do Concello. A empresa MHP SERVICIOS DE CONTROL SL, adxudicataria deste contrato de prestación de servizos será a encargada de suministrar, instalar e manter este sistema por un importe de 1.260€ anuais .

A posta en marcha do sistema inclúe o suministro da aplicación cos correspondentes accesos, a implantación do sistema e o seu mantemento durante a duración do contrato que será de 3 anos, prorrogable por outros 2 anos máis.

Este sistema permitirá compatibilizar o control de horarios coa xestión das vacacións e os diferentes tipos de permisos laboráis, períodos de baixas e elaboración de calendarios.

Tamén permitirá elexir alomenos 3 formas distintas de fichar ao comezar e rematar a xornada laboral. Dende un PC, vía web, mediante identificación do usuario coa contraseña, evitando a necesidade de recurrir á compra ou instalación dun software específico. Tamén dende un teléfono móvil, coa aplicación correspondente ou dende calquera punto de acceso que o Concello considere oportuno, xa sexa con tablets, webs, ou outra aplicación.

Esta nova ferramenta permitirá a reconexión automática do sistema de control de horarios en caso de pérdida da sinal wi-fi, a rectificación de fichaxes, previa solicitude e o control do administrador do sistema.

Además engade o envío de mensaxes e avisos do administrador a todos os empregados, a adaptación do control de horarios ás variación da plantilla, o control de horarios na modalidade de teletraballo e xestionar o control de fichaxe dos traballadores con mobilidade ou flexibilidade horaria.