O Concello da Cañiza anuncia a apertura do prazo para solicitar composteiros domésticos a partir deste xoves 7 de agosto
O Alcalde Luis Piña anunciou esta mañá que, a partir deste xoves 7 de agosto, permanecerá aberto o prazo para solicitar composteiros domésticos, destinados á reciclaxe de residuos orgánicos nas vivendas unifamiliares do municipio.
O Concello repartirá un total de 80 unidades, que se suman ás 250 xa distribuidas entre os anos 2022 e 2024. Os composteiros serán entregados ás persoas interesadas por orde de entrada das solicitudes, ata esgotar existencias.
O prazo para solicitar as unidades rematará o 21 de agosto ás 13:00 horas.
As persoas interesadas poden realizar a solicitude chamando ao número de teléfono da Biblioteca Municipal (986 66 30 69), en horario de mañá, de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas.
Os solicitantes serán convocados para unha xuntanza informativa o día 21 de agosto ás 20:00 h, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, onde se explicará o funcionamento e montaxe dos composteiros e se fará a súa entrega.
Esta nova distribución forma parte da campaña de compostaxe doméstica promovida polo Concello para fomentar a reciclaxe de residuos orgánicos dentro da iniciativa #ACañizaCoidadaESostible.
Esta acción conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e está financiada pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.