O Concello da Cañiza clausura o curso “Xuventude TIC de Verán” con entrega de diplomas a estudantes de ESO e Bacharelato
O Concello da Cañiza puxo fin onte, 4 de agosto, ao curso “Xuventude TIC de Verán”, unha iniciativa formativa gratuíta que constou de 52 horas de duración, dirixida a estudantes de ESO e Bacharelato, e que se desenvolveu ao longo do mes de xullo na Aula CeMIT da Cañiza.
O acto de clausura contou coa presenza do Alcalde da Cañiza, quen fixo entrega dos diplomas ao alumnado participante. Luis Piña felicitou aos participantes e agradeceu a labor do profesorado e da empresa formadora, destacando a importancia de apostar pola formación dixital da mocidade como ferramenta de futuro.
Durante o curso, os mozos e mozas recibiron formación en:
-
Ofimática básica
-
Creación web con linguaxe de marcas
-
Elaboración de follas de estilo (CSS)
-
Deseño de plantillas e formularios
-
Iniciación e nivel avanzado en impresión 3D: deseño e produción de pezas
Esta actividade, totalmente gratuíta, tivo como obxectivo achegar aos máis novos ao mundo da tecnoloxía e fomentar competencias dixitais cada vez máis demandadas no ámbito académico e laboral.
O Concello da Cañiza, a través da Aula CeMIT e da Biblioteca Municipal, continúa así a súa aposta pola educación tecnolóxica e pola dinamización xuvenil durante o período estival.