O Concello da Cañiza convoca un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz

O Concello se solidariza coas vítimas do terrible accidente de ferrocarril sucedido onte domingo en Adamuz (Córdoba), e súmase á convocatoria realizada pola FEMP e a FEGAMP, convidando a todos os cidadáns a participar nun minuto de silencio hoxe luns, 19 de xaneiro de 2026, ás 12:00 horas, diante da Casa Consistorial na rúa Oriente, 11, como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as súas familias, á vez que agradece o labor de todos os servizos médicos, de emerxencia e os xestos solidarios de todos os veciños que están a axudar aos afectados.

Luis Piña, Alcalde do Concello da Cañiza

 

O Concello da Cañiza convoca un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz