O Concello da Cañiza Finaliza os trámites municipais para recalificar os terreos que permitirán construír un aparcamento de 160 prazas na Zona do Regueiro

O Pleno acordará na Sesión de mañá a aprobación provisional do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións, PEID, para a construción do aparcadoiro

  • Así o anunciou o Alcalde Luis Piña quen tamén informou que a partires da aprobación provisional polo Pleno, o seguinte trámite será o traslado do expediente á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia, para a súa aprobación definitiva.

 

O pasado 11 de decembro de 2022 o Alcalde Luis Piña avanzaba que se iniciaba o proxecto de expropiación e recuperación paisaxística dun novo estacionamento no lugar denominado «Chan de Lourido», unha zona arborada de máis de 9.000 m2 situada no lugar do Regueiro, na subida que conduce á Casa de Cultura.

Unha actuación que nace para dar resposta ás necesidades da veciñanza e dos visitantes de dotar ao núcleo urbano dun espazo máis amplo para aparcamento, sen comprometer outras actuacións de desenvolvemento urbanístico como será a urbanización e humanización da Rúa do Regueiro.

 

Avances. No ano 2022 o Concello comezou a traballar no expediente de expropiación dos terreos e autorizacións sectoriais

  • Unha expropiación que requeríu previamente a aprobación dun plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para modificar o Plan Xeral de ordenación Municipal (PXOM) aprobado o 27/06/2003, que calificaba estes terreos como “solo urbanizable non delimitado”.  O PEID estase tramitando seguindo os pasos que recolle a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Nesta liña e despois de terse presentado por parte do arquitecto Oscar López Alba e do enxeñeiro Iván López Fernández o PEID, a Secretaria Xeral do Concello emitiu o 16.01.2023 o informe de Secretaría sobre o procedemento administrativo a seguir neste caso, seguido do informe do arquitécto técnico municipal de data 23.02.2023.
  • O Concello enviou o 13.04.2023 o PEID ao Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para solicitar a autorización ambiental necesaria para que o Concello puidera continuar co expediente.
  • Nesta mesma data tamén se solicitou ás empresas subministradoras e distribuidoras sobre a suficiencia das infraestruturas e dos servizos existentes e previstos. Informes que pasaron a formar parte do expediente. Neste caso Orange España Comunicaciones Fijas SL e Telefónica de España S.A.
  • Despois de varios requerimentos e emendas, o 20.02.2024 o Concello recibiu o informe ambiental estratéxico IAE Farovable do PEID por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, que é o documento que marca o posta en marcha de todo o expediente de modificación dos terreos e posterior expropiación.
  • O pasado 01.07.2024  emítese dende o servizo de urbanismo municipal o Informe favorable sobre o mesmo, no que se conclúe que o PEID presenta unha ordenación proxectada con calidade técnica suficiente e que está conforme á lexislación urbanística vixente no Concello da Cañiza.

 

O 1 de agosto de 2024 acordouse aprobar inicialmente o PEID

  • Na Xunta de Goberno Local celebrada o 1 de agosto de 2024 adóptase o acordo de aprobar inicialmente o PEID para a construcción do aparcadoiro.
  • Tamén se aproba abrir un período de información pública de 2 meses, mediante un anuncio que se publicou no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior difusión na provincia para que todos os titulares afectados puideran presentar alegacións. Ademais notificouse  individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos.
  • Paralelamente abriuse un prazo para recabar das administracións públicas competentes os informes sectoriais e consultas que resultaran necesarios.
  • Despois de terse rematados todos os trámites e recibidos os informes sectoriais, o Pleno do Concello aprobará inicialmente o PEID na Sesión ordinaria que se celebrará mañá 28 de marzo, ás 9:00h .
  • O seguinte trámite será o traslado do expediente á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta para a súa aprobación definitiva, o que permitirá comezar coa busca de financiación para poder executar a obra.

 

O proxecto contempla a recuperación paisaxística destes terreos entre vexetación autóctona.

O Concello encargou a redacción do proxecto de construción que contempla crear unha zona de aparcamento entre vexetación autóctona, articulada en 4 plataformas que discorren na parcela salvando os desniveis, coa circulación dos vehículos e dos peóns entre as zonas verdes.

Contará con accesos dende as rúas Álvaro Cunqueiro e rúa Regueiro, con 160 prazas integradas nun espazo natural no que se estima a plantación de 200 árbores autóctonas, nun conxunto de superficies drenante, de fácil mantemento e durabilidade.

 

O Concello da Cañiza Finaliza os trámites municipais para recalificar os terreos que permitirán construír un aparcamento de 160 prazas na Zona do Regueiro

 

O Concello da Cañiza Finaliza os trámites municipais para recalificar os terreos que permitirán construír un aparcamento de 160 prazas na Zona do Regueiro

 

O Concello da Cañiza Finaliza os trámites municipais para recalificar os terreos que permitirán construír un aparcamento de 160 prazas na Zona do Regueiro

 

O Concello da Cañiza Finaliza os trámites municipais para recalificar os terreos que permitirán construír un aparcamento de 160 prazas na Zona do Regueiro